Plaça d'Europa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°21′25″N 2°07′29″L / 41.357049, 2.124813

Rañaceos na plaça d'Europa.

A Plaça d'Europa é unha praza dunhas 30 hectáreas da cidade de l'Hospitalet de Llobregat, na provincia de Barcelona. Está situada no cruzamento da Granvia coa rúa Amadeu Torner. A praza é froito da actuación de mellora do distrito Gran Via de l'Hospitalet e nela atópase o recinto Gran Via da Fira de Barcelona.

Na praza atópase a estación de FGC Europa | Fira e tamén terá no futuro unha estación da liña 9 do metro de Barcelona. Xunto á praza atópase a Cidade da Xustiza de Barcelona e l'Hospitalet.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]