Arconte basileus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Arconte rei")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Arconte basileus (grego: Ἄρχων Βασιλεύς árkhōn Basiléus) era un cargo político da Grecia antiga. O termo significa literalmente "maxistrado rei".

Na Atenas clásica o arconte basileus representaba o último vestixio da monarquía. Aínda que gran parte dos poderes desta foran transferidos a outras institucións como o Areópago e posteriormente a Boulé e a Ecclesía, o arconte basileus mantiña nominalmente a posición máis alta na política ateniense, xunto co arconte epónimo e o polemarca. O arconte basileus era o encargado de supervisar a organización dos ritos relixiosos.

Orixinalmente o arconte basileus era elixido de entre a aristocracia ateniense (os Eupátridas) cada dez anos. Despois do -683 o cargo era mantido unicamente por un ano, e tras as reformas de Solón, era elixido de entre os atenienses máis adiñeirados ou Pentakosiomedimnoi (Πεντακοσιομέδιμνοι). Despois do -487  os arcontados eran elixidos por sorteo.

Crese que a muller do arconte basileus ou Basilinna tiña que se desposarse e ter relacións con Dionisos durante un festival no Bukoleion de Atenas para garantir a seguridade da pole[1], pero descoñécese en que consistía a cerimonia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stanton p. 7

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]