Incubus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Incubus (Logo).png
Incubus live 2007.jpg
Incubus en directo
Orixe Calabasas, California, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1991 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo, metal alternativo
Selo(s) discográfico(s) Sony BMG Music
Epic Records
Membros Brandon Boyd
Mike Einziger
Jose Pasillas
Chris Kilmore
Ben Kenney
Antigos membros Gavin Koppell
Dirk Lance
Web oficial enjoyincubus.com


Incubus é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Calabasas, California no ano 1990. Foi fundada por Brandon Boyd (voz e percusión) e José Pasillas (batería), que se coñecían da escola. Pouco máis tarde Jose coñeceu a Mike Einziger (guitarra) e a Alex Katunich (baixo) e por último entrou Dj Lyfe.

Historia[editar | editar a fonte]

No seu primeiro disco, Fungus Amongus, resaltan influencias de Primus, Mr. Bungle e Red Hot Chili Peppers. Este material ten un son jazz-funk combinado con hardcore metal que ao pouco o evolucionaron ata chegar a un estilo propio, máis hard rock e caracterizado polos sons da guitarra de Mike e pola voz inconfudible de Boyd.

Logo de lanzar o disco que lles deu o empuxón, S.C.I.E.N.C.E., uníuselles DJ Kilmore xa que Dj Lyfe non se presentou ás últimas gravacións do disco e tiveron que substituílo. Neste material levaron un son máis característico, cancións frenéticas pero cunha gran gama de riffs e combinacións en todos os instrumentos.

No seguinte CD, Make Yourself, xa teñen unha calidade de son único como pode apreciarse en cancións como "Drive" ou "Stellar", que son máis alternativas que o que fixeran antes. Boyd toma o seu lugar como vocalista e compositor, recorrendo a unha gran profundidade nas súas letras.

Despois do auspicioso Make Yourself, Incubus regresa aos estudos para producir o seu próximo disco. Curiosamente, para a produción do álbum aloxáronse nunha cómoda mansión situada nunha rúa chamada Morning View, que resultou finalmente ser o nome do CD. Morning View destacou con sinxelos como "Wish you were here", "Nice to know you", "Are you in" e "Warning".

Incubus sufriu a separación da súa baixista Alex Katunich (Dirk Lance), por supostas "diferenzas musicais". Esta perdida representa o afastamento do jazz e funk que puido conseguir noutros discos. No seu lugar, foi convocado o baixista Ben Kenney, ex guitarrista de The Roots, e baixista do proxecto paralelo de Mike Einziger e José Pasillas, denominado Estafe Lapse Consortium.

A banda formou unha fundación sen fins de lucro, The Make Yourself Foundation, que xunta fondos para varias causas e caridades nos Estados Unidos e o resto do mundo, axudando así aos máis necesitados. A banda financia a fundación doando unha porción dos ingresos xerados polos tours, dos royaltys, de poxas en liña, e doutros eventos ou actividades.

A mediados do 2004, a banda lanza ao mercado o seu disco titulado A Crow Left of the Murder..., co que intentan retomar de certa forma o son que lograran nos seus traballos anteriores ao espectacular S.C.I.E.N.C.E., sen deixar de lado as baladas que lles deron tanto éxito nos seus álbums máis recentes. O primeiro sinxelo deste álbum foi "Megalomaniac", un tema algo polémico pola rudeza das súas líricas e polas imaxes tan cargadas de contido político e social que se mostran no seu respectivo vídeo, realizando analogías coa imaxe de Adolf Hitler e os gobernos actuais de occidente. A este sinxelo seguiríanlle temas como "Talk Shows on Mute", "Beware! Criminal", "Sick Sad Little World", "Here in my Room" e "Leech", como os máis representativos. Este álbum foi producido e mesturado polo coñecido Brendan O'Brien.

O último disco da banda saíu á venda o 28 de novembro de 2006 baixo o nome de Light Grenades. O seu primeiro single foi "Anna-Molly", que paradoxicamente Brandon interpreta na canción como "anomally" (anómalia en inglés). O presente álbum aseméllase en certo grao ao A Crow Left of the Murder, tanto na imaxe que a banda desexa reflectir cara ao público como na parte musical propiamente dita. Temas como "Dig", "Light Grenades", "Love Hurts" e "Paper Shoes" demostran a gran variedade interpretativa , e ademais a excelente proxección que teñen para un futuro.

En xuño do 2008 Brandon Boyd dixo a Billboard.com que o grupo se tomaría un descando. Durante ese tempo os membros da banda adicáronse á familia, a estudios e a outros proxectos.

O 16 de xuño do 2009, a banda editou o recompilatorio Monuments and Melodies. Trátase dun álbum dobre cun disco de grandes éxitos e outro de versións alternativas e temas inéditos. No traballo incluense tamén dous temas novos producidos por Brendan O´Brien, "Black Heart Inertia" e "Midnight Swim", o primeiro dos cales editouse como sinxelo.

Na actualidade Incubus atópase traballando no seu novo álbum de estudio, segundo informou o grupo na súa páxina oficial o día 4 de abril do 2011. Este novo traballo levará por título If Not Now, When?, e agárdase o seu lanzamento para o 12 de xullo.

Membros[editar | editar a fonte]

Logo Incubus.

Actuais[editar | editar a fonte]

Anteriores[editar | editar a fonte]

  • Dirk Lance - (1991-2002)
  • DJ Lyfe (1996-1998)

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]