Efialtes de Tesalia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Efialtes de Tesalia
Nacementoséculo V a. C.xuliano
 Trachis
Falecemento480 a. C.
 Tesalia
Ocupaciónlabrego
PaiEuridemo de Malis
editar datos en Wikidata ]

Efialtes (en grego Εφιάλτης, lit. "pesadelo"[1]) era o fillo de Euridemo de Mélide e orixinario de Traquis, en Tesalia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traizoou ao rei espartano Leónidas en -480, axudando ao rei persa Xerxes I a atopar outra ruta alternativa ao paso das Termópilas[2]. Isto permitiu aos persas derrotar ao pequeno grupo de defensores espartanos, do cal só sobreviviron dous.

Os motivos que o impulsaron á traizón dos espartanos descoñécense. Efialtes esperaba ser recompensado polos persas, pero terminou por non obter nada cando estes foron derrotados na Batalla de Salamina. Efialtes fuxiu entón a Tesalia, cunha recompensa pendendo sobre a súa cabeza. Segundo Heródoto foi morto, aparentemente por outro motivo, por Atenades de Traquinia, sobre o -479.

No cine e a literatura[editar | editar a fonte]

Na película The 300 Spartans (tamén coñecida como O león de Esparta, Os 300 heroes e Os 300 espartanos), de 1962, Efialtes aparece como o solitario dono dunha granxa de cabras preto das Termópilas. Traizoa ao seu rei Leónidas por un feudo.

Tanto na película 300 como no cómic do mesmo nome, Efialtes é representado como un chepudo deforme que tivo que deixar Esparta para non morrer no seu nacemento. Leónidas rexeita incorporalo no seu exército debido a que, ao non poder soster o escudo correctamente, a súa presenza podería pór en perigo a falanxe. Profundamente doído, Efialtes termina traizoando a Leónidas cando Xerxes lle ofrece o respecto e a aceptación que xamais recibiu por parte dos espartanos[3][4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pierre Chantraine. "Εφιάλτης". Dictionnaire étymologique de la Lange Grecque. Klincksiek. 
  2. -465.
  3. 300. Cómic realizado por Frank Miller. 1998. ISBN 1-56971-402-9.
  4. 300 Película. Dirixida por Zack Snyder.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]