Eduardo Aunós
Eduardo Aunós | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de setembro de 1894 e 1894 |
Lugar de nacemento | Lleida |
Falecemento | 25 de setembro de 1967 |
Lugar de falecemento | Lausana |
Nacionalidade | España |
Ocupación | diplomático e político |
Pai | Eduard Aunós i Cau |
Premios | Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orde de Cisneros, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort e Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eduardo Aunós Pérez, nado en Lleida o 8 de setembro de 1894 e finado en Lausana o 25 de setembro de 1967, foi un político catalán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Descendente de políticos de orixe aranesa, estudou dereito en Madrid e militou na Lliga Regionalista, pola que foi elixido deputado a Cortes en 1916 e foi secretario de Francesc Cambó no Ministerio de Fomento.
Durante a ditadura de Primo de Rivera foi ministro de traballo, comercio e industria (1927-1930). Admirador do réxime fascista italiano, tentou imitar o seu sistema corporativo coa creación dun Código de Traballo (1926) e a Organización Corporativa Nacional (1928). Tras a caída de Primo de Rivera tentou formar un Partido Laborista a semellanza do Partido Fascista italiano que careceu de apoios.
Logo da proclamación da República marchou ao exilio a París, colaborou na revista Acción Española e entrou en Renovación Española. En 1937 ingresou en Falange Española de las JONS como xefe do partido en Francia e tras a unificación foi membro da Xunta Política da FET y de las JONS.
Embaixador en Bélxica (1939-1940) e a Arxentina (1942-1943), foi ministro de xustiza entre 1943 e 1945.