Eduard del Castillo Velasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduard del Castillo nunha fotografía de 2012.

Eduard del Castillo Velasco, nado en Barcelona o 22 de decembro de 1982, é un filólogo catalán vinculado ás culturas catalá e galega.

Traxectoria

É licenciado en filoloxía catalá e filoloxía galega pola Universitat de Barcelona. Ten traballado como docente de catalán e de galego e en labores de tradución e corrección.

Foi colaborador de diversos medios galegos, como os xornais Vieiros, A Peneira ou Sermos Galiza. É membro de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (ERGaC), de cuxo boletín A micro pechado foi redactor, e mantén o blog Catalunya a Galícia, a Galiza en Cataluña.

En 2011 comezou a traballar no ILG e quitou a tradución ao galego da novela de Emili Teixidor Pan negro. Así mesmo é o tradutor ao catalán dalgúns relatos da coruñesa Begoña Paz[1][2]. En 2012 encargouse da tradución ao galego da primeira novela modernista catalá, Els sots feréstecs, que apareceu co título As valgadas bravas.

No curso 2013-2014 foi profesor de estudos cataláns na Universidade de Lisboa.

Dende xuño de 2016 xestiona, xunto a poeta Alicia Fernández, a libraría especializada en poesía Chan da Pólvora, como parte dun proxecto máis amplo no que tamén participa Antón Lopo[3].

Obras

Nunha charla sobre a lingua catalá no Centro Social A Revira (Pontevedra)

Poesía

Tradución

Do catalán ao galego

.

  • Poemas de Susanna Lliberós, Sebastià Perelló e Adrià Targa. En Veus paral·leles 12. De Fisterra al cap de Creus / Voces paralelas 12. De Fisterra ao Cap de Creus. Barcelona: Rema 12 e Institució de les Lletres Catalanes, 2014.

Do galego ao catalán

  • Cos de mudances (título orixinal: Corpo de mudanzas), de Begoña Paz. En Taller de traducció del gallec i del portuguès. Barcelona: Estudis Gallecs i Portuguesos - Universitat de Barcelona, 2011.
  • El pes del meu desig (título orixinal: O peso do meu desexo), de Begoña Paz. En Taller de traducció del gallec i del portuguès. Barcelona: Estudis Gallecs i Portuguesos - Universitat de Barcelona, 2011.
  • El porc dempeus (título orixinal: O Porco de Pé), de Vicente Risco. Fundación Vicente Risco, 2013.

Obras colectivas

Premios

Notas

  1. Relato Cos de mudances (en catalán)
  2. Relato El pes del meu desig (en catalán)
  3. Antón Lopo bota a andar unha editorial especializada en poesía, nova en Sermos Galiza o 25 de maio de 2016.
  4. As valgadas bravas, ficha na wen de Hugin e Munin.
  5. Un calatán acada o primeiro premio no III Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, nova en Cronica3.com o 28 de outubro de 2014.
  6. "Eduard Velasco gaña o Díaz Castro de poesía", nova en Sermos Galiza, o 28 de febreiro de 2017.

Véxase tamén

Ligazóns externas