Economía de Uzbekistán
Economía de Uzbekistán | |
---|---|
Moeda | Som uzbeko |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC (observador), CEI, OCE |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 112,6 mil millóns (2013) |
Posición do PIB | 70ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 7% (2013) |
PIB per cápita | 3 800 (2013) |
PIB por sector | agricultura 19.1%, industria 32.2%, servizos 48.7% (2012) |
Inflación | 10.1% (2013) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 16.990.000 (2013) |
Forza de traballo por sector | agricultura 25.9%, industria 13.2%, servizos 60.9% |
Desemprego | 4.9% (c. de 20% de subemprego)% (2013) |
Industrias | téxtiles, procesamento de alimentos, construción de máquinas, metalurxía, minería, petróleo, gas natural, produtos químicos |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 14.91 mil millóns (2013) |
Produtos de exportación | produtos de enerxía, algodón, ouro, fertilizantes minerais, metais ferrosos en non ferrosos, téxtiles, alimentos, máquinas, automóbiles |
Principais mercados | República Popular da China 21.2%, Kazakhstán 15.9%, Turquía 15.8%, Rusia 14.7%, Bangladesh 9.5%, Kirguizistán 4% (2013) |
Importacións | 12.64 mil millóns (2013) |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, alimentos, produtos químicos, metais ferrosos e non ferrosos |
Principais mercados | Rusia 20.7%, República Popular da China 16.6%, Corea do Sur 16.4%, Kazakhstán 12.5%, Alemaña 4.6%, Turquía 4.2%, Ucraína 4% (2013) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 8 773 millóns (2013) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Uzbekistán era unha das zonas máis pobres da antiga Unión Soviética con máis de 60% da súa poboación vivindo en comunidades rurais densamente poboadas. A súa economía estivo orientada desde a súa independencia a unha transición gradual a unha economía de mercado; con todo, o progreso en reformas económicos foi cauteloso e rexistrou algúns logros. Aínda non se eliminou a brecha entre o mercado negro e as taxas de cambio oficiais. O comercio restritivo do réxime e as súas políticas xeralmente intervencionistas seguen tendo efectos na súa economía. Entre as restricións imperantes atópase a capacidade de convertibilidade da moeda e outras medidas gobernamentais para controlar a actividade económica, incluíndo a implementación de severas restricións ás importacións e peches esporádicos das súas fronteiras cos veciños Kazakhstán, Kirguizistán e Tadjiikistán, os cales levaron a organizacións internacionais a suspender ou dar marcha atrás os créditos proxectos.
O Goberno de Uzbekistán, que traballa en estreita colaboración co Fondo Monetario Internacional, realizou considerables progresos na redución da inflación e o déficit orzamentario. A moeda nacional (o Som uzbeko) fíxose convertible en 2003 como parte do programa de estabilización deseñado polo FMI, aínda que seguen existindo algunhas restricións administrativas. A agricultura e a industria manufactureira contribúen igualmente na economía, representando cada un aproximadamente unha cuarta parte do PIB.[3] Actualmente Uzbekistán é 2º maior exportador de algodón do mundo e o 5º produtor mundial[1], aínda que a importancia deste produto declinou significativamente desde a súa independencia. Así mesmo, Uzbekistán é un gran produtor de ouro, coa maior mina ao descuberto de ouro no mundo, posúe depósitos substanciais de cobre, minerais estratéxicos, e é tamén grande produtor de ouro e gas natural.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2016. Consultado o 19 de maio de 2014.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
- ↑ (en ruso) Comité estatal da República de Uzbekistán sobre estatísticas