Economía de Uzbekistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Uzbekistán
Moeda Som uzbeko
Organizacións comerciais de que fai parte OMC (observador), CEI, OCE
Datos estatísticos[1]
PIB 112,6 mil millóns (2013)
Posición do PIB 70ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 7% (2013)
PIB per cápita 3 800 (2013)
PIB por sector agricultura 19.1%, industria 32.2%, servizos 48.7% (2012)
Inflación 10.1% (2013)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 16.990.000 (2013)
Forza de traballo por sector agricultura 25.9%, industria 13.2%, servizos 60.9%
Desemprego 4.9% (c. de 20% de subemprego)% (2013)
Industrias téxtiles, procesamento de alimentos, construción de máquinas, metalurxía, minería, petróleo, gas natural, produtos químicos
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 14.91 mil millóns (2013)
Produtos de exportación produtos de enerxía, algodón, ouro, fertilizantes minerais, metais ferrosos en non ferrosos, téxtiles, alimentos, máquinas, automóbiles
Principais mercados República Popular da China 21.2%, Casaquistán 15.9%, Turquía 15.8%, Rusia 14.7%, Bangladesh 9.5%, Kirguizistán 4% (2013)
Importacións 12.64 mil millóns (2013)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, alimentos, produtos químicos, metais ferrosos e non ferrosos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 8 773 millóns (2013)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Edificios comerciais en Tashkent.

Uzbekistán era unha das zonas máis pobres da antiga Unión Soviética con máis de 60% da súa poboación vivindo en comunidades rurais densamente poboadas. A súa economía estivo orientada desde a súa independencia a unha transición gradual a unha economía de mercado; con todo, o progreso en reformas económicos foi cauteloso e rexistrou algúns logros. Aínda non se eliminou a brecha entre o mercado negro e as taxas de cambio oficiais. O comercio restritivo do réxime e as súas políticas xeralmente intervencionistas seguen tendo efectos na súa economía. Entre as restricións imperantes atópase a capacidade de convertibilidade da moeda e outras medidas gobernamentais para controlar a actividade económica, incluíndo a implementación de severas restricións ás importacións e peches esporádicos das súas fronteiras cos veciños Casaquistán, Kirguizistán e Taxiquistán, os cales levaron a organizacións internacionais a suspender ou dar marcha atrás os créditos proxectos.

O Goberno de Uzbekistán, que traballa en estreita colaboración co Fondo Monetario Internacional, realizou considerables progresos na redución da inflación e o déficit orzamentario. A moeda nacional (o Som uzbeko) fíxose convertible en 2003 como parte do programa de estabilización deseñado polo FMI, aínda que seguen existindo algunhas restricións administrativas. A agricultura e a industria manufactureira contribúen igualmente na economía, representando cada un aproximadamente unha cuarta parte do PIB.[3] Actualmente Uzbekistán é 2º maior exportador de algodón do mundo e o 5º produtor mundial[1], aínda que a importancia deste produto declinou significativamente desde a súa independencia. Así mesmo, Uzbekistán é un gran produtor de ouro, coa maior mina ao descuberto de ouro no mundo, posúe depósitos substanciais de cobre, minerais estratéxicos, e é tamén grande produtor de ouro e gas natural.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2016. Consultado o 19 de maio de 2014. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. (en ruso) Comité estatal da República de Uzbekistán sobre estatísticas