Saltar ao contido

Economía de Guinea-Bissau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Guinea-Bissau
Moeda Franco CFA da África Occidental
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB 1 769 millóns (2010)
Posición do PIB 189ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 1,8% (2010)
PIB per cápita $ 1100 (2010)
PIB por sector agricultura 62%, industria 12%, comercio e servizos 26% (1999)
Inflación 3,8% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 632.700 (2007)
Forza de traballo por sector agricultura 82%, industria, comercio e servizos 18% (2000)
Desemprego dato non dispoñíbel
Industrias procesamento de produtos agrícolas, cervexa, bebidas sen alcohol
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 133 millóns (2006)
Produtos de exportación peixe, camarón, castaña de anacardo, cacahuete, palmito, madeira serrada
Principais mercados India 62,21%, Nixeria 31,28%, Portugal 1,48% (2009)
Importacións 200 millóns (2006)
Principais produtos importados alimentos, máquinas e equipamentos de transporte, derivados de petróleo
Principais mercados Portugal 17,33%, Senegal 13,66%, Países Baixos 9,27%, India 9,11%, Tailandia 5,2%, Brasil 4,49% (2009)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 941,5 millóns (2000)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Un dos países máis pobres do mundo, a economía legal de Guinea-Bissau[3] depende principalmente da agropecuaria e da pesca, pero o narcotráfico é probablemente o tipo de comercio máis rendible.[1] As plantacións de anacardo creceron considerablemente nos últimos anos. O país exporta peixe e froitos do mar así como pequenas cantidades de cacahuete, palmito (corazón de palmeira) e madeira[1].

O arroz é o principal cultivo e alimento básico. Con todo, os combates entre as tropas do goberno apoiadas polo Senegal, e unha xunta militar destruíron moito da infraestrutura e causaron gran prexuízo á economía en 1998. A guerra civil levou a unha redución do 28% do produto interno bruto aquel ano, cunha recuperación parcial no período 1999-2002[1]. A produción agrícola caeu algo ao redor de 17% durante o conflito, así como a produción de castañas de anacardo caeron até 30%. Empeorando a situación, o ano 2000 o prezo da castaña caeu 50% no mercado internacional, aumentando a dificultade comezada coa devastación da guerra civil.

En decembro de 2003 o Banco Mundial, o FMI e a UNDP foron forzados a intervir para fornecer auxilio orzamentario de emerxencia nun total de US$ 107 millóns para o ano de 2004, o que representou máis do 80% do orzamento do país[1]. A combinación de perspectivas económicas limitadas, un goberno central débil e dirixido por unha facción e unha posición xeográfica favorable fixeron este país da África Occidental unha escala do narcotráfico cara a Europa[1], utilizando especialmente varias illas deshabitadas do Arquipélago de Bixagós. Estímase que pasen polo país US$ 1 mil millóns en drogas por ano.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 The World Factbook consultado o 14 de marzo 2011
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guineano.
  4. Droga retorna à Guiné-Bissau Arquivado 18 de xuño de 2011 en Wayback Machine. opais.co.mz, 8 de xuño de 2010