EURECA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
EURECA
EURECA STS-57.jpg
Recuperación de EURECA durante a misión STS-57.
TipoExperimental / tecnolóxico.
OrganizaciónESA
Destino actualRecuperado.
Data de lanzamento2 de agosto de 1992[1][2][3]
Foguete portadorTransbordador espacial Atlantis[2][3][4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2][5]
Obxectivo da misiónInvestigación en materiais, ciencias da vida e radiobioloxía.[2]
Regreso1 de xullo de 1993, co regreso da misión STS-57[6]
NSSDC ID1992-049B
Masa4491 kg[2][5]
Potencia1,5 kW[6]
BateríasCatro baterías de níquel-cadmio cunha capacide de 40 amperios-hora.

EURECA (acrónimo de European Retrievable Carrier) foi un satélite artificial da ESA lanzado na bodega do transbordador espacial Atlantis desde Cabo Cañaveral durante a misión STS-46.[2][4]

Características[editar | editar a fonte]

EURECA foi un satélite deseñado para ser soltado desde o transbordador espacial e ser recuperado tras un tempo por outro transbordador. Aínda que era reutilizable só voou unha vez.[2]

Na súa primeira e única misión levou a cabo investigacións relacionadas con materiais, bioloxía e radiobioloxía baixo un contorno de microgravedade e realizou experimentos sobre observación terrestre, física solar e espacial e astrofísica.[2]

A estrutura do satélite estaba feita de fibra de carbono e titanio. A alimentación eléctrica, unha vez soltado da bodega de carga do transbordador, era proporcionada por un par de paneis solares que alimentaban catro baterías de níquel-cadmio cunha capacide de 40 amperios-hora.[2]

O satélite orientábase nos tres eixos mediante un sistema de torque magnético xunto con sistema de reacción alimentado por nitróxeno. Foi recuperado durante a misión STS-57 polo transbordador Endeavour.[2]

Experimentos[editar | editar a fonte]

EURECA levaba 15 experimentos a bordo:[4]

Solta do satélite EURECA desde a bodega do transbordador Atlantis.
  • Solution Growth Facility (SGF) (Bélxica): experimento para estudar o crecemento de monocristais a partir de disolucións.[6]
  • Protein Crystallization Facility (PCF) (Alemaña): para o estudio da cristalización de proteínas no espazo.
  • Exobiology and Radiation Assembly (ERA) (Alemaña): usado para experimentos sobre os efectos biolóxicos da radiación no espazo.[6][7]
  • Multi-Furnace Assembly (MFA) (Italia): para o estudo de materiais.[6]
  • Automatic Mirror Furnace (AMF) (Alemaña): forno óptico para estudar o crecemento uniforme de cristais únicos a partir das fases de líquido ou vapor.[6]
  • Surface Forces Adhesion Instrument (SFA) (Italia): para o estudo da dependencia de forzas superficiais e enerxías internas con outros parámetros físicos.[6]
  • High Precision Thermostat Instrument(HPT) (Alemaña): instrumento para experimentos a longo prazo que necesiten condicións de microgravedade e medicións de alta precisión de temperatura e control.[6]
  • Solar Constant and Variability Instrument (SOVA) (Bélxica): radiómetro para a medición da constante solar.[6][8][9]
  • Solar Spectrum Instrument (SOSP) (Francia): estudo da física solar e da relación entre o Sol e a Terra nos campos da aeronomía e a climatoloxía.[6][10]
  • Occultation Radiometer Instrument (ORI) (Bélxica): adicouse a estudar a densidade dos aerosois e gases traza na mesosfera e exosfera terrestres.[6][11][12]
  • Wide Angle Telescope (WATCH) (Dinamarca): tratábase dun telescopio de raios gamma e raios X para o estudo das explosións de raios gamma e das fontes de raios X con enerxías no rango entre 6 e 150 keV.[6][13]
  • Timeband Capture Cell Experiment (TICCE) (Reino Unido): estudo da poboación de micropartículas no espazo próximo á Terra.[6]
  • Radio Frequency Ionization Thruster Assembly (RITA) (Alemaña): estudo da propulsión iónica eléctrica no spacio.[6][14][15]
  • Inter-Orbit Communications (IOC) (Francia/Países Baixos): experimento tecnolóxico.[6]
  • Advanced Solar Gallium Arsenide Array (ASGA) (Italia): experimento tecnolóxico para medir o rendemento de novas células solares.[6][16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EURECA 1" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 NASA (4 de novembro de 2011). "EURECA 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 22 June 1993 from the Legal Counsellor of the European Space Agency addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (93-40645 (E)): 2. 20 de xullo de 1993. Consultado o 5 de maio de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Eureca 1" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Eureca" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2012. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 6,15 Earth Observation Resources, ed. (2011). "EURECA (European Retrievable Carrier)" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2012. [Ligazón morta]
  7. G. Reitz, W. Atwell, R. Beaujean, J. W. Kern, “Dosimetric results on EURECA,” Advances in Space Research, Vol. 16, 1995, pp. 131-137
  8. D Crommelynck, V Domingo, A Fichot, C Fröhlich, B Penelle, J Romero, Ch Wehrli, “Preliminary Results from the SOVA Experiment on Board the European Retrievable Carrier (EURECA),” Metrologia, Vol. 30, 1993, pp. 375-379, doi:10.1088/0026-1394/30/4/032
  9. D. Crommelynck, V. Domingo, C. Froehlich, “The solar variations (SOVA) experiment in the Eureca space platform,” Proceedings of the Interdisciplinary Scientific Commission E Meeting (ME.7) of the COSPAR, 28th Plenary Meeting, The Hague, The Netherlands, June 25-July 6, 1990
  10. G. Thullier, M. Herse, D. Labs, T. Foujols, W. Peetermans, D. Gillotay, P. C. Simon, H. Mandel, “The Solar Spectral Irradiance from 200 to 2400 nm AS Measured by the SOLSPEC Spectrometer from the ATLAS and EURECA Missions,” Solar Physics, Vol. 214, 2003, pp. 1-22
  11. E. Arijs, D. Nevejans, D. Fussen, P. Frederick, E. van Ransbeeck, F. W. Taylor, S. B. Calcutt, S. T. Werrett, C. L. Hepplewhite, T. M. Pritchard, I. Burchel, C. D. Rodgers, “The ORA occultation radiometer on EURECA; Instrument description and preliminary results,” Advances in Space Research (ISSN 0273-1177), Vol. 16, No. 8, pp. 33-36
  12. D. Fussen, E. Arijs, F. Leclere, D. Nevejans, C. Bingen, “Tomography of the Earth's atmosphere by the spaceborne occultation radiometer ORA: Spatial inversion algorithm,” Journal of Geophysical Research, Vol. 102, No. D4, 1997, pp. 4357-4366
  13. S. Brandt, N. Lund, A. J. Castro-Tirado, “Observations of cosmic gamma ray bursts with WATCH on EURECA,” Advances in Space Research (ISSN 0273-1177), Vol. 16, No. 8, 1995, pp. 43-46
  14. “Radiofrequency Ion Thruster Heritage: EURECA,” URL: http://cs.astrium.eads.net/sp/spacecraft-propulsion/showcase/eureca.html Arquivado 14 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
  15. Helmut Bassner, Rainer Killinger, Hans Leiter, Johann Müller, “Development Steps of the RF-Ion Thrusters RIT,” IEPC-01-105 (International Electric Propulsion Conference), 2001, URL: http://sgc.engin.umich.edu/erps/IEPC_2001/2002iepc/Papers/T09/105_2.pdf[Ligazón morta]
  16. C. Flores, R. Campesato, F. Paletta, G. L. Timò, F. Svelto, ”Post-Flight Investigation of the ASGA Solar Cell Experiment on EURECA”, Proceedings of the 1st IEEE International Conference on Photovoltaic Energy Conversion, Vol. 2, pp. 2076-2081, Dec. 05. - 09., 1994, Waikoloa, Hawaii, USA