Transbordador espacial Atlantis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O transbordador Atlantis engalando durante a misión STS-112.

O transbordador espacial Atlantis, designación OV-104 (Orbital Vehicle) é un transbordador espacial retirado que pertenceu á frota de transbordadores espaciais da NASA.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O Atlantis recibíu o seu nome polo principal buque de investigación que tivo o Instituto Oceanográfico Woods Hole de Massachusetts entre 1930 e 1966. Foi o cuarto transbordador operativo (entrou en servizo o 3 de outubro de 1985 na misión STS-51-J) e o último da produción orixinal. Voou por última vez 8 de xullo de 2011, na misión STS-135. Cunha masa baleiro de 68.600 kg e de 77.550 kg cos motores instalados, a construción do Atlantis beneficiouse da experiencia adquirida na montaxe dos transbordadores Columbia e Challenger. Pesaba 3162 kg menos que o Columbia e foi montado na metade de tempo que este.

En outubro de 1992 o Atlantis foi levado a Palmdale, California, para facerlle unha serie de melloras e modificacións, como un paracaídas de freado, novos canos para misións de duración estendida, máis de 800 novas losetas e mantas térmicas, novo illamento para as comportas do tren de aterraxe e modificacións estructurais no chasis. Unha revisión similar tivo lugar entre novembro de 1997 e setembro de 1998 como preparación para as misións cara a Estación Espacial Internacional. Entre os cambios estaba a instalación do sistema de acoplamento e a substitución dos indicadores do panel de control por outros dixitais e modernizados.

A nave era capaz de levar a sete tripulantes a bordo e pasar ata 30 días no espazo despois das últimas melloras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mark Wade (2011). "Atlantis" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]