Década de 1220
Aparencia
Segundo milenio | |||||
Século XIII | |||||
| |||||
|
1220
- Artigo principal: 1220.
- Xenxis Kan toma a cidade de Samarcanda, en Asia Central.
Arte e cultura
- Fachada da catedral de Bamberg, Alemaña.
- Comezo da edificación da catedral de Salisbury, Inglaterra, de estilo gótico.
- O historiador xaponés Jien completa a súa obra Gukansho, na que analiza a historia do seu país.
1221
- Artigo principal: 1221.
España
- 6 de febreiro - Casan o rei Xaime I de Aragón e Leonor de Castela.
- Iniciase a construción da catedral de Burgos.
Europa
- Segunda cruzada contra os albixenses. Sitio de Castelnaudary. Morre Raimundo VI de Tolosa.
Asia
Xapón
- 13 de maio - Remata o reino do emperador Juntoku do Xapón..
- Breve reinado de Chūkyō sobre Xapón.
- O anterior emperador Go-Toba lidera unha rebelión infrutuosa contra o shogunato kamakura.
- Ascensión ao trono do emperador Go-Horikawa.
América
- Revolta dos maias do Iucatán contra os gobernantes de Chichen Itza
1222
- Artigo principal: 1222.
Europa
- Pola súa Bula Dourada, André II de Hungría sométese á dieta e aos señores feudais. A Bula garántelle á nobreza unha dieta anual, inmunidades de orde fiscal e a percepción de impostos e recoñécelle o dereito á insurrección contra o monarca.
- Primeiro reinado de Erico XI Eriksson en Suecia.
- O rei de Bohemia, Otokar I, anexiona Moravia ao seu reino.
- Fundación de Dorpat en Livonia.
- Fundación da orde dos Cabaleiros Teutóns.
- Revolta popular na Estonia.
Imperio Bizantino
- Comeza o reinado de Xoán III Vatatzés, emperador bizantino de Nicea (até 1254).
- Tíralles aos latinos as súas posesións asiáticas e varias illas (Lesbos, Quíos, Samos e Rodas). Co apoio provisorio dos búlgaros, sitia, sen éxito, Constantinopla. Desembarca na Tracia.
- O déspota do Epiro faise co reino de Tesalónica.
- Andrónico I ascende ao trono do Imperio de Trebisonda, á morte de Aleixo I.
Rusia
- Iaroslav Vsievolodovitch toma Novgorod do seu irmán Constantino de Rostov.
- Os mongois Djebe e Subutay pasan o Cáucaso por Derbent e chegan ás estepas dos cumanos após saquear Chirván. Kotian, khan dos cumanos, solicítalles axuda aos rusos. Os mongois, logo de teren reducido aos alano e cherquesos, envían unha embaixada a Rusia, que é masacrada, desencadeando as hostilidades. Kotian refúxiase co seu padrasto, Mstislav, que convence aos príncipes rusos para recrutar un exército de 80 000 homes para deter os mongois.
África
- Sundjata Keïta crea o Imperio de Malí e abole a escravitude (Carta do Mandinga).
Norte de África
- Reinado de Abd el-Ouahid, califa Almohade.
- Sobe ao trono tras a morte do seu sobriño Yusuf al-Mustansir. Estalan revoltas en todo o imperio almohade. Na Península Ibérica, Abdallah-Adil proclámase califa, en canto que os xeques marroquinos depoñen a Abd el-Quahid.
Asia
- Na India, os mongois chegan até Multán, mais retíranse por causa do clima.
- Xenxis Kan pasa por Afganistán. Alí recibe ao monxe taoísta Tehi-tehe Tchag-tchoun, a quen fixera vir desde a China para que lle atopase un xeito de escapar á morte. No outono, volta a Boukhara, e logo a Samarcanda, onde pasa o inverno.
Oriente Próximo
- Os pisanos e os xenoveses das colonias de Acre enfróntanse. Perden estes últimos e abandonan o porto.
1223
- Artigo principal: 1223.
- Sancho II de Portugal coróase como rei de Portugal.
1224
- Artigo principal: 1224.
- Fundación da Universidade de Nápoles
1225
- Artigo principal: 1225.
- Fernando III de León e Castela toma a cidade de Andújar aos mouros.
1226
- Artigo principal: 1226.
1227
- Artigo principal: 1227.
- Fernando III de Castela toma a cidade de Baza aos mouros.
1228
- Artigo principal: 1228.
- Data da redacción do Foro do burgo de Castro Caldelas, xunto ao pacto dos irmãos Pais, un dos primeiros documentos escritos en galego.
1229
- Artigo principal: 1229.
- 18 de febreiro - Federico II, monarca do Sacro Imperio Romano Xermánico, recupera Xerusalén para os cristiáns.
- Comeza o goberno de Ogodei, sucesor de Xenxis Kan, emperador mongol.
- O rei Sancho II de Portugal ocupa Elvas, que detiñan os mouros, concedéndolle carta foral.
- As tropas do rei Afonso IX de León arrebatan aos mouros a praza de Cáceres, que lle outorga carta foral no mesmo ano.
- 31 de decembro: as tropas do rei Xaime I de Aragón toman ao asalto a cidade de Palma, arrebatándolla aos árabes, logo de catro meses de asedio.
- Fundación da universidade de Tolosa.
- Fundación da universidade de Cambridge.