O Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais
Lingualingua galego-portuguesa
Data de pub.século XIIxuliano
editar datos en Wikidata ]

O Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais[1][2] (ou simplemente O Pacto dos irmãos Pais) é o título dado a un documento escrito en galego-portugués, que rexistra un acordo de non agresión e defensa mutua entre dous irmáns nobres. Foi escrito en Santa Maria de Arnoso, conservado durante séculos na Mitra de Braga, atópase actualmente no Arquivo Nacional Torre do Tombo, en Lisboa.

Datación e importancia histórica[editar | editar a fonte]

A pesar de non posuír ningunha data, é datábel de forma aproximada como anterior a 15 de abril de 1175, o que o converte segundo algúns autores, principalmente o seu descubridor José António Souto Cabo, no documento máis antigo escrito na lingua galego-portuguesa que chegou até os nosos días.

Texto[editar | editar a fonte]

O texto do documento é curto e de difícil interpretación. Se ben nel predomina o vocabulario galaico-portugués, inda inclúe, igual que outros manuscritos da mesma época, moitas formas latinas.

Ego Gomenze Pelaiz facio a tibi irmano meo Ramiru Pelaiz isto plazo ut non intret meo maiordomo inilla villa super vostros homines deslo mormuiral. & de inde antre as casas d’Ousenda Grade & d’Elvira Grade. & inde pora pena longa & de ista parte perilla petra cavada de Sueiro Ramiriz dou vobis isto que sejades meo amico bono. & irmano bono & que adjuderis me contra toto homine fora el rei & suos filios. & si Pelagio Soariz. ou Menendo Pelaiz. ou Velasco Pelaiz. ou Petro Martiniz. Daquele que torto fezer a Don Ramiru. ou a Don Gomeze si quiser caber en dereito & se non ajudarmonos contra illos. Des illo mormoiral ata en frojom non laver {jure} mala Dos ergo illos que abet hodie fora se ganar herdade de gavaleiros ou de engeoida. & in vostra herdade habet tal foro quale dóóspital. & herdade for de penores & ibi morar suo dono dar calupnia & fosadeira & si se for dela abere tal foro quomodo vostros herdades. Se {homenem} entrar enaquela vila que torto tenia a Don Gomeze dar dereito dele si seu for de Don Ramiro {quen} de fora venia. & {quen} isto plazo exierit ad vos Ramiro Pelaiz se erar coregelo & se non {q} volverit peitar quinientos soldos. jsto pleito est taliado de isto maio que venit ad.IJs. anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Texto português escrito em Arnoso". Jornal de Notícias. 2005. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 3 de xullo de 2005. 
  2. Souto Cabo, José (2005). O Pacto de Gomes Pais e Ramiro Pais. Quasi Edições. ISBN 9789895521289.