Ducado de Vicenza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Ducado de Vicenza foi un dos ducados instituídos polos longobardos en Italia. Son escasas as informacións sobre as súas vicisitudes internas; durante o reino longobardo tivo un papel estratéxico rexional dun certo relevo,

Historia e características[editar | editar a fonte]

Vicenza estivo entre as primeiras cidades en caer baixo o dominio longobardo, durante a primeira fase da invasión guiada por Alboíno no outono do 568, e foi probabelmente elevada inmediatamente a sede ducal. No 688-690 o ducado veuse envolto na rebelión de Alachis, duque de Trento. O rebelde deu reunido ao seu redor toda a área oriental da Langobardia Maior (a Austria), onde máis fortes eran as tendencias autonomistas, filo-arianas e militaristas entre os duques longobardos. Paulo Diácono precisa que Alachis someteu as varias sedes ducais "en parte con promesas, en parte coa forza" e, no caso de Vicenza, narra que cando o usurpador se presentou ás portas da cidade os cidadáns presentaron batalla contra el. Con todo, vencéronos rapidamente, e pregáronse á alianza con el (Historia Langobardorum V, 39). A revolta foi reprimida en pouco tempo, no 690, polo rei Cuniperto, quen venceu e matou o usurpador en batalla.

Entre as personalidades máis relevantes ligadas ao ducado contamos con Vechtari, duque de Friúl do 663 ao 671, e sobre todo o duque Pedro, que no 732, durante o reinado de Liutprando e xunto co herdeiro ao trono Hildeprando, ten éxito na empresa de conquistar a capital dos bizantinos en Italia, Rávena. Logo da caída do reino longobardo, o duque de Vicenza Gaido estivo entre os promotores da revolta contra Carlos Magno liderada polo duque de Friúl, Rotgaudo (776); o rei franco, con todo, sufocou doadamente a rebelión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]