Saltar ao contido

Ducado de Bérgamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ducado de Bérgamo foi unha das entidades territoriais que formaron o reino dos longobardos. Creado sobre o 570, pouco despois da invasión guiada por Alboíno, cesou de ser sede ducal no 702.

A constitución do ducado

[editar | editar a fonte]

Coa invasión do 568 guiada por Alboíno tamén Bérgamo cae so o dominio longobardo, asumindo unha importancia notábel pola súa posición xeopolítica. Bérgamo, de feito, constituía o cruzamento de camiños entre as estradas militares que unían o Friúl coa parte occidental da Chaira padana e con Pavia, capital do reino.

Tras a morte de Alboíno e a de Cleph, o seu sucesor, o reino cae no que foi definida a anarquía longobarda (Período dos duques), durante dez anos, nos cales gobernaron os duques; en Bérgamo gobernou Wallari, que foi, xa que logo, o primeiro duque de Bérgamo e do seu territorio no primeiro tumultuoso período da conquista longobarda aínda non consolidada.

O período era particularmente difícil, Italia non se recuperara da desastrosa guerra greco-gótica cando outra invasión, a longobarda, se abateu sobre un territorio semidestruído e sobre unha poboación escasa e reducida á fame. Tamén Bérgamo e o seu ducado, que libraran dos anteriores sucesos bélicos sufriu as duras condicións da conquista longobarda.

Per hos Langobardorum duces, septimo anno ab adventu Alboin et totius gentis, spoliatis ecclesiis, sacerdotibus interfectis, civitatibus subrutis, populisque, qui more segetum excreverat, extinctis, exceptis his regionibus quas Alboin ceperat, Italia ex maxima parte capta et a Langobardis subiugata est
Por obra dos duques longobardos, sete anos despois da invasión de Alboino e de toda a súa xente, saqueadas as igrexas, mortos os sacerdotes, demolidas as cidades, exterminadas as poboacións que medraran como as meses, coa excepción das rexións que Alboíno conquistara, a meirande parte de Italia foi conquistada e sometida polos longobardos.

A Rebelión de Gaidulfo

[editar | editar a fonte]

Coa elección como rei de Autario e a reconstitución do reino (584) a situación política estabilizouse e melloraron as condicións de vida da poboación indíxena sometida; o ducado de Bérgamo, entendido como complexo político-militar, pero aínda non territorial, estaba entre os máis importantes e aguerrido tanto como para impedir a Gaidulfo, sucesor de Wallari, que se rebelase, xunto con outros, contra o novo rei, Axilulfo, e sostivese con el un conflito armado. Os rebeldes contábanse sobre todo entre os que, no curso das campañas militares do 590, desertaran do líder longobardo para unirse a francos e bizantinos: eses non aceptaron inmediatamente a Axilulfo como rei, e o soberano foi obrigado a conquistar coas armas a fidelidade. Venceu en varias ocasións os rebeldes, pero a revolta durou ata o 594, cando Axilulfo venceu e condenou ao patíbulo como traidores moitos dos duques rebeldes, incluído Gaidulfo.

Gaidulfum quoque Bergamensem ducem, cui iam bis pepercerat, peremit.
Axustizou tamén a Gaidulfo, duque de Bérgamo, a quen xa perdoara en dúas ocasións.

As vicisitudes de Gaidulfo é emblemática da forza do grupo de poder que rexía o ducado, polo menos nas expectativas do duque mesmo se ao final a súa revolta se demostrou efémera.

A supresión do ducado

[editar | editar a fonte]
A Basílica autarena de Fara Gera d'Adda (Bérgamo)

Na segunda metade do século VII o ducado, seguindo a evolución xeral do reino longobardo, alternou fases de maior autonomía con outras de control máis marcado por parte do poder central, en particular durante os reinados de Grimoaldo, Perctarito e Cuniperto. Paralelamente, afirmábase case universalmente a relixión católica, sostida pola dinastía bávara a menoscabo doutras eleccións relixiosas, xa minoritarias dos longobardos (paganismo, arianismo, Cisma tricapitolino). En Bérgamo púxose en evidencia a forza nacente do bispo na persoa de Xoán, figura particularmente carismática, que devolveu ao culto católico a Basílica autariana de Fara Gera d'Adda, ata o daquela dedicada ao culto ariano.

A transición entre os séculos VII e século VIII foi un momento de grave confusión no reino longobardo, con loitas sanguentas que opuxeron a varios pretendentes ao trono. O último duque de Bérgamo, Rotarit, á morte do rei Cuniperto aliñouse no flanco do herdeiro ao trono, o menor de idade Liutperto, e do seu titor Ansprando. Vencido unha primeira vez por Raghinperto (700) e outra segunda por Ariperto II (702), encerrouse na súa Bérgamo e proclamouse rei. Ariperto marchou contra el, venceuno tras un sanguento cerco e, despois de afeitarlle a cabeza e a barba como signo de desprezo (era o tratamento aplicado a escravos e prisioneiros de guerra), relegouno a Turín onde o fixo matar. O ducado foi suprimido e reducido a gastaldato gobernado directamente polo rei a través de homes da súa confianza.

Bérgamo e o seu territorio volveron adquirir unha estrutura política autónoma só despois a conquista da Italia setentrional por parte de Carlomagno, no 774. O emperador elevou de feito a Bérgamo a sede dun condado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]