Liutprando
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. década de 680 Milán |
| Morte | xaneiro de 744 (Gregoriano) Pavia |
| Lugar de sepultura | San Pietro in Ciel d'Oro (pt) |
| Rei dos longobardos | |
| 712 – 744 | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Catolicismo |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Cónxuxe | Guntrude |
| Pais | Ansprando |
| Parentes | Hildeprando, sobriño |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Liutprando, nado antes de 690, foi fillo e sucesor do rei dos longobardos de Italia, Ansprando duque de Asti, e reinou de xuño de 712 a 744.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tentou en van unificar a Península Itálica baixo o dominio longobardo e entrou con regularidade en conflito co Papado. Someteu aos duques longobardos semiindepententes de Spoleto e de Benevento e tentou expulsar definitivamente aos bizantinos de Italia, especialmente ao cercar Rávena en 734.
Tiña boas relacións cos francos, participou na batalla do estanque de Berre contra as forzas arabo-musulmás (derrota musulmá de 739), onde participou igualmente o futuro rei franco, Pipino o Breve. En 737, asociou ao poder a Hildeprando, o seu neto. Fixoi que se volvesen prohibir os matrimonios mixtos entre longobardos e romanos, matrimonios que foran autorizados desde o final do século VII, probabelmente para manter a cohesión nacional do pobo longobardo e dos outros pobos aliados (saxóns, xépidos, búlgaros etc…), fronte a masa autóctona, moito máis numerosa.
Trazos e características
[editar | editar a fonte]Rei piadoso e sabio nas súas decisións, bo xefe militar, foi o máis grande dos reis longobardos. Foi enterrado en Pavia, a capital longobarda. Medía sobre 1,73/1,74 m, talle bastante por riba da media para a época e en relación aos outros «italianos» da península.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Reino longobardo | ||
|---|---|---|
Segue a: Ansprando |
Liutprando | Precede a: Hildeprando |
| - | ||