Dorna (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de dorna |
O termo dorna pode referirse a:
- A dorna, unha embarcación de pesca.
- A festa da Dorna, celebrada en Ribeira.
- A asociación cultural Real e Ilustre Confraría da Dorna, de Ribeira, coordinadora de dita festa.
- A Asociación Cultural e Deportiva Dorna, da Illa de Arousa, que conta cunha escola de navegación tradicional e impulsora da revista Dorna.
- Escola de Navegación Tradicional Dorna, escola de vela tradicional da ACD da Illa de Arousa.
- A revista Dorna, publicación anual de temática literaria, principalmente de poesía, impulsada pola ACD Dorna en 1981, hoxe a cargo da cátedra de Filoloxía Galega da USC.
- Outra "Revista Dorna" eventualmente foi publicada pola ACD Dorna, de temática cultural e non só literaria, entre 1978 e 1980, e de 2005 en diante.[1]
Deportes
[editar | editar a fonte]- C. B. Dorna, equipo de baloncesto da ACD Dorna.
- C. B. Dorna - Godella, equipo de baloncesto feminino de Godella, Comunidade Valenciana. Deu lugar ao Ros Casares Valencia.
- Dorna Sports, empresa de xestión deportiva.
- Dorna FG, equipo de fútbol gaélico da ACD Dorna
- Xadrez Dorna, equipo de xadrez da ACD Dorna.
Industria
[editar | editar a fonte]- Dorna Robotics empresa de robótica e intelixencia artificial con sede en Upland, California.
Topónimos
[editar | editar a fonte]Amais, como topónimo pode referirse a:
Topónimos galegos
[editar | editar a fonte]- Dorna, parroquia do concello de Cervantes;
- Dorna, lugar da parroquia de Sacos, no concello de Cerdedo-Cotobade;
- Dorna, lugar da parroquia de Taragoña, no concello de Rianxo;
- A Dorna, lugar da parroquia de Devesos, no concello de Ortigueira;
- A Dorna, lugar da parroquia de Noceda, no concello das Nogais;
- O Monte de Dorna, lugar da parroquia de Taragoña, no concello de Rianxo;
- O encoro de Dorna, do río Lérez, entre os concellos de Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro.
Topónimos non galegos
[editar | editar a fonte]- Dorna Arini, comuna romanesa.
- Dorna Suceava, comuna romanesa.
Outros usos
[editar | editar a fonte]- "Dorna" é unha forma conxugada do verbo "dornar", que en portugués e galego reintegracionista significa torcer.[3]
- Tamén é un termo usado tradicionalmente para outros tipos de embarcacións, alén da dorna das Rías Baixas.[3]
- En lingua portuguesa, "dorna" designa un recipiente de madeira para almacenar e fermentar bebidas alcohólicas.[4]
Notas
- ↑ "Revista Dorna". datos.bne.es; Biblioteca Nacional de España (en castelán). Consultado o 2023-09-14.
- ↑ kruzul (2021-03-29). "Apelidos de Galicia". Apelidos de Galicia. Consultado o 2024-04-13.
- ↑ 3,0 3,1 "Significado de dorna no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2023-09-14.
- ↑ "O que é dorna de madeira?". Vinhos (en portugués). Consultado o 2024-03-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]