Saltar ao contido

Escola de Vela Tradicional da Illa de Arousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escola de Navegación Tradicional Dorna
Escola de Navegación a Vela Tradicional ACD Dorna da Illa de Arousa
Lema: Nos ventos da tradición
AcrónimoENT da ACDD (organización matriz)
Área de operaciónNavegación tradicional
Data de fundación15 de xuño de 2001
Fundador(es)Asociación Cultural e Deportiva Dorna
Nomeado en referencia aá organización matriz (Dorna), e esta á dorna, embarcación tradicional das Rías Baixas
PaísGalicia Galicia
Na rede
https://www.facebook.com/entdorna/
editar datos en Wikidata ]

A Escola de Navegación Tradicional "Dorna" da Illa de Arousa (ENT) é unha asociación adscrita á Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), filial da ACD Dorna da illa de Arousa. Foi inaugurada oficialmente o 15 de xuño de 2001.[1]

Esta escola realiza cursos de navegación en dorna a vela na praia do Bao, cun local que se encontra xusto ó pasa-la ponte da Illa de Arousa. O seu obxectivo é que a cultura da navegación tradicional galega non se extinga, e que quede como unha experiencia de lecer. Os cursos desenvólvense no verán, dende finais de maio ata mediados de setembro, e constan de clases teóricas de tecnoloxía da vela, partes da embarcación e o seu aparellamento, e máis clases prácticas a bordo de dornas a vela.

Entre as súas actividades tamén se inclúe a navegación noutras embarcacións tradicionais como a lancha xeiteira ou a buceta.

Inician a tempada cada ano o 17 de maio coa Travesía das Letras Galegas, vinculando a honra do escritor homenaxeado coa cultura tradicional do mar. Nese día bótanse as novas dornas. [2][3] A Escola dispón de tres embarcacións de nova construción: unha buceta ("Laranha"), unha dorna de tope ("Peça de Rabo"), e unha dorna polbeira. Tamén ten oito dornas polbeiras restauradas, así como unha lancha de relinga ("Nova Marina", cedida pola Xunta de Galicia) e 22 dornas polbeiras cedidas por particulares.

Embarcacións tradicionais na Arousa.

Desde 2014 conta cun total de máis de 50 embarcacións, que son restauradas grazas á fórmula do "apadriñamento de barcos".[4]

En 2017 inaugurouse o edificio de usos mariños, novo local da ENT que comparte co club de piragüismo.[5]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2007. Consultado o 09 de decembro de 2007. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2008. Consultado o 18 de abril de 2008. 
  3. http://www.redesescarlata.org/index.php?art=1
  4. Farangulha (xoves, 20 de febreiro de 2014). "dornas coma a area: Isto é a ENT Dorna 1". dornas coma a area. Consultado o 2024-04-13. 
  5. "Inauguración do novo local da ACD Dorna". Culturmar. 2017-12-04. Consultado o 2024-04-14. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]