Río Dnister
Río Dnister | |
---|---|
![]() | |
País | Ucraína, Moldavia |
Nacemento | Cárpatos de Ucraína |
Altitude | 1.000 msmn |
Lonxitude | 1.370 km |
Conca | 72.100 km2 |
Caudal medio | 380 m³/s |
Desembocadura | Mar Negro |
![]() | |
Localización do curso do Dnister | |

O Dnister[Cómpre referencia] (Dniestr en polaco, Дністер, en ucraíno, Nistru en romanés, Днестр (Dniestr) en ruso e Tyras en latín) é un río da Europa oriental, cunha lonxitude de 1.370 km e un caudal medio de 380 m³/s, que atravesa a Ucraína e Moldavia.
Percorrido[editar | editar a fonte]
O Dnister nace en Ucraína, nos montes Cárpatos, nas proximidades da aldea de Roslutsch, no distrito de Starij Sambir, preto da fronteira con Polonia, desde onde flúe cara o Mar Negro, con lixeiro sentido NE-SW. Logo de correr por boa parte das chairas ucraínas, durante un breve treito serve de límite entre a Ucraína e Moldavia, para logo entrar neste último país, onde ten un curso de 398 km, voltando despois a servir nun curto traxecto de linde con a Ucraína, onde acaba por desaugar nun estuario, que forma unha ampla lagoa litoral antes de entrar no Mar Negro, ao suroeste da cidade de Odessa. En total a súa conca abrangue unha área de algo máis 72.000 km².
Afluentes[editar | editar a fonte]
Os seus principais tributarios son o Seret e o Stryj. Nunha lista maior de afluentes pódense salientar os seguintes:
marxe dereita
marxe esquerda
|
[editar | editar a fonte]
O Dnister é navegábel desde Halych.
Historia[editar | editar a fonte]
Entre 1918 e 1940, o Dnister facía de fronteira entre a Unión Soviética e a rexión de Besarabia, que formaba parte da Romanía.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Dnister |