Playas de Castellón Fútbol Sala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Playas de Castellón Fútbol Sala
NomePlayas de Castellón Fútbol Sala
Macer Fútbol Sala
Alcume(s)Playas
Fundación1983
EstadioPavillón Ciutat de Castelló
Castelló de la Plana, España Galicia
Capacidade6.000
Presidenteespañol Xosé Antonio Lobelle
Adestradorespañol Tomás de Dios
LigaDivisión de Honra (LNFS)
2009-1011º
VestimentaUmbro
PatrocinadorMacer
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O Playas de Castellón Fútbol Sala é un equipo español de fútbol sala da cidade de Castelló de la Plana (Comunidade Valenciana). A vindeira tempada xogará na División de Prata da Liga Nacional de Fútbol Sala logo de descender na tempada 2010-11 da máxima categoría, na que levaba xogando 22 anos (desde a súa creación).

O equipo foi fundado en 1983 como Macer Fútbol Sala, club da empresa de azulexos Macer, e nos seus primeiros anos tiña a súa sede en Almassora. En 1993 trasladouse a Castelló de la Plana e cambiou o seu nome por Playas de Castellón. A mellor etapa do club tivo lugar a finais dos anos '90, cando gañou dúass Ligas españolas consecutivas (1999-00 e 2000-01) e un Campionato europeo de clubs.

Historia[editar | editar a fonte]

Macer Fútbol Sala[editar | editar a fonte]

En 1983 fundouse o Club Macer Fútbol Sala, un equipo de fútbol sala da empresa de azulexos Macer. Nun principio, o club estaba situado en Almassora e formouse con traballadores da empresa e veciños da cidade. Na tempada 1985-86, os castellonenses ingresaron na liga territorial, e tras varios ascensos chegaron á segunda categoría estatal na tempada 1987-88. Neses tempos chegou á presidencia o empresario Agustín Poyatos Mora, que logrou o ascenso á División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala, acabada de crear.

No seu debut, o club recibiu o nome de Keralite Macer e foi unha das revelacións da liga. O club de Almassora finalizou primeiro nas fases preliminares e chegou ata a final da liga, na que perdeu ante o Interviú Lloyd's. Unha tempada despois, Macer chegou ata as semifinais dos playoffs polo título.

Playas de Castellón[editar | editar a fonte]

A partir da tempada 1992-93, o club centrouos seus esforzos en atraer espectadores de toda a provincia de Castelló. Ese ano cambiou o seu nome polo de Bisontes de Alzamora e o 13 de maio de 1994 certificou o seu traslado á capital, Castelló de la Plana. En 1994 o club cambiou o seu nome por Playas de Castellón Fútbol Sala, trasladouse ao polideportivo Ciutat de Castelló, ampliou a súa carteira de patrocinadores e recibiu apoio do Concello e da Deputación de Castellón.

Cunha nova xestión deportiva, o club castellonense converteuse nunha das potencias da LNFS. Aínda que finalizou a liga regular de 1997 e 1999 no primeiro posto, o club levantino non conseguiu en todo ese tempo ningún título oficial. Nese tempo xurdiron xigadores como Vicente Mas "Vicentín", unha das primeiras estrelas internacionais españolas neste deporte.

Na tempada 1999-00, un Playas de Castellón liderado polo pívot brasileño Edesio terminou líder a liga regular e conseguiu a súa primeira Liga alo vencer na final ao CLM Talavera. Un ano despois, os castellonenses reforzáronse cos mellores xogadores do desaparecido CLM Talavera e revalidaron o título de liga ante o Valencia Vijusa, co internacional español Javi Rodríguez como xogador máis destacado. A nivel internacional, Playas de Castellón gañou durante tres anos consecutivos a Copa da UEFA de fútbol sala, entre 2001 e 2003. Na tempada 2004-05, o club gañou a Supercopa de España.

A partir do ano 2006, Playas de Castellón viu reducido o seu presuposto e tivo que traspasar aos seus mellores xogadores. Na tempada 2006-07, o club non se clasificou para a fase final polo título por primeira vez na súa historia, e os seus resultados deportivos empeoraron. Finalmente, na tempada 2010-11 o club descendeu á División de Prata.

Cadro 2010/11[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
1 Porteiro España Iñaki
2 Pivote España Rubén
3 Á España Isco
5 Peche España Javi Matía
6 Á España Gordillo
7 Peche España Cristian
8 Pivote España Carlos
Posto País Xogador
9 Á España José Revert
10 Peche España Kiko
11 Á España Manolín
13 Porteiro España Abel
14 Á España Miguelín
19 Pivote España Alejandro
22 Pivote España Luis
23 Á España Ferreira

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]