Disciplinas da Bioloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lista de disciplinas e subdisciplinas da Bioloxía (se cadra incompleta):

Lista[editar | editar a fonte]

  • Aerobioloxía: é a rama que estuda a distribución e os niveis de pole e fungos para o estudo e prevención de alerxias.
  • Astrobioloxía: estuda a orixe e / ou a posíbel existencia de seres vivos máis alá do planeta Terra.
  • Bioxeografía: ciencia que estuda a distribución dos seres vivos no espazo.
  • Coroloxía: rama da bioxeografía que estuda a distribución dos seres vivos a partir de corotipos.
  • Biofísica: estuda os procesos físicos que subxacen nos procesos biolóxicos.
  • Bioquímica: estuda a composición e as reaccións químicas dos seres vivos.
  • Bioinformática: é a aplicación de tecnoloxías computacionais á xestión e análise de datos biolóxicos.
  • Bioenxeñaría: é a aplicación de metodoloxías de enxeñaría analítica e sintética para problemas biolóxicos.
  • Bioxeoloxía: estuda as interaccións entre a biosfera terrestre e a litosfera.
  • Biotecnoloxía: estuda a aplicación tecnolóxica que utiliza sistemas biolóxicos e organismos vivos ou os seus derivados para a creación ou modificación de produtos ou procesos para usos específicos. "Aplicación de principios de ciencia e enxeñaría para tratamentos de materiais orgánicos e inorgánicos por sistemas biolóxicos para producir bens e servizos" segundo a OCDE.
  • Biolingüística: é o estudo da linguaxe natural desde unha perspectiva biolóxica e evolutiva.
  • Biomecánica: estudar a mecánica nos seres vivos.
  • Bioloxía ambiental: estuda a interacción dos seres vivos co ambiente.
  • Bioloxía evolutiva: estuda os cambios biolóxicos dos seres vivos e do ascendente ou descendente común dos seres vivos.
  • Filoxenia: é a rama da bioloxía evolutiva que trata a historia evolutiva dos organismos e as súas relacións de parentesco.
  • Xenética de poboacións: estuda os cambios que se producen nas poboacións dunha especie.
  • Bioloxía do desenvolvemento: estuda os procesos celulares que teñen lugar no desenvolvemento dun novo organismo a través da reprodución sexual.
  • Embrioloxía: estuda o desenvolvemento de embrións a partir da fecundación do óvulo.
  • Xerontoloxía: estuda o proceso de envellecemento nos seres vivos.
  • Bioloxía mariña: disciplina que estuda os fenómenos biolóxicos no medio do mar.
  • Bioloxía matemática: a bioloxía matemática estuda a construción de modelos de procesos biolóxicos empregando técnicas propias das matemáticas.
  • Bioloxía médica: aplica o coñecemento da bioloxía á medicina.
  • Bioloxía molecular: estuda os procesos biolóxicos a nivel molecular de todos os organismos.
  • Bioloxía estrutural: rama da bioloxía molecular que estuda a composición das biomoléculas.
  • Bioloxía molecular-celular: estuda os tipos de moléculas e as súas funcións que teñen nas células.
  • Bioloxía sistemática: estuda a clasificación dos seres vivos. Dentro desta atopamos a Cladística (clasifica os seres vivos segundo as súas relacións filoxenéticas e evolutivas) e a Taxonomía (clasifica e ordena os seres vivos en categorías xerárquicas; dentro desta hai a Taxonomía dos mamíferos, etc.)
  • Botánica: ciencia ou rama da bioloxía que estuda as plantas. Ramas desta son a Botánica pura, que é a que estuda as plantas no sentido estrito, a Ficoloxía: (ou algoloxía) é a rama da botánica que estuda as algas, a Fitopatoloxía: estuda as enfermidades das plantas e a Palinoloxía: estuda as esporas e o pole.
  • Citoloxía: é o estudo que investiga as células. Bioloxía celular: rama da citoloxía especializada no estudo da estrutura e función das células.
  • Citoxenética: estuda o comportamento dos cromosomas, a súa estrutura e as súas funcións, é dicir, a xenética celular. Citopatoloxía: inclúe o estudo das alteracións celulares, é dicir, das súas enfermidades.
  • Citoquímica: é o estudo da bioloxía centrado na composición química das células e nos procesos biolóxicos das súas moléculas.
  • Criobioloxía: estuda os efectos das baixas temperaturas nos seres vivos.
  • Cronobioloxía: estuda fenómenos periódicos (cíclicos) ou ritmos biolóxicos en seres vivos.
  • Ecoloxía: rama da bioloxía que estuda a relación dos seres vivos e o seu hábitat.
  • Epidemioloxía: estuda como se propagan e afectan as enfermidades.
  • Fisioloxía: estuda as funcións dos seres vivos como as funcións respiratorias, a circulación sanguínea, o sistema nervioso, etc.
  • Inmunoloxía: estuda o sistema inmunitario dos seres vivos.
  • Limnoloxía: é a ciencia que estuda os procesos nos ambientes dos lagos, estreitamente relacionados coa bioloxía.
  • Organografía: a organografía é a parte da bioloxía que ten como obxectivo describir os órganos do vexetal
  • Organografía: parte da bioloxía que ten por obxecto a descrición dos órganos de vexetais e animais.
  • Ontoxenia: estuda a orixe dos seres vivos.
  • Parasitoloxía: estuda os parasitos e parasitismo.
  • Patoloxía: ciencia que estuda as enfermidades e axentes patóxenos.
  • Psicobioloxía: estuda o comportamento e accións dos seres vivos.
  • Paleobioloxía: parte da paleontoloxía e bioloxía que estudia os organismos que viviron no pasado.
  • Radiobioloxía: estuda os efectos que se producen en seres vivos tras a exposición a enerxía procedente de radiacións ionizantes.
  • Sinecoloxía: estuda as relacións entre comunidades e entre os ecosistemas.
  • Sociobioloxía: estuda a base biolóxica das relacións sociais entre animais.
  • Microbioloxía: ciencia ou rama da bioloxía que estuda os microorganismos.
    • Bacterioloxía: rama especializada en bacterias e arqueas.
    • Micoloxía: rama que estuda os fungos.
    • Protozooloxía ou prostitoloxía: rama da microbioloxía que estuda os protozoos e outros protistas.
    • Viroloxía: rama da microbioloxía que estuda os virus e viroides.
  • Morfoloxía: estuda a estructura e forma dos seres vivos.
    • Anatomía: rama que estuda como se estructuran internamente os seres vivos e seus órganos.
    • Histoloxía: estuda os tecidos que conforman os seres vivos.
  • Toxicoloxía: estuda os tóxicos que afectan aos seres vivos.
  • Xenética: a ciencia que estuda os xenes, a súa herdanza, reparación e expresión. Xenética molecular: estuda a estrutura e función dos xenes a nivel molecular.
  • Xenómica: estuda a composición dos xenomas.
  • Metaxenómica ou xenómica ambiental.
  • Epixenética: é o estudo dos mecanismos que regulan a expresión de xenes sen modificacións na secuencia de ADN.
  • Zooloxía: disciplina derivada da bioloxía que estuda a vida animal.
    • Aracnoloxía: rama de la zooloxía que estuda os arácnidos.
    • Entomoloxía: rama da zooloxía que estuda os insectos.
    • Etoloxía: rama da bioloxía e psicoloxía que estuda o comportamento dos animais.
    • Herpetoloxía: rama da zooloxía que estuda os reptiles e anfibios.
    • Ictioloxía: rama que estuda os peixes.
    • Ornitoloxía: rama da zooloxía que estuda as aves.
    • Mastozooloxía ou terioloxía: rama da zooloxía que estuda os mamíferos.
    • Malacoloxía: rama da zooloxía que estuda os moluscos.