Anatomía vexetal
A anatomía vexetal é a parte da botánica que estuda a estrutura interna dos organismos vexetais,[2][3] tanto dos tecidos como a estrutura celular dos órganos das plantas.[1]
Partes que comprende
[editar | editar a fonte]De reducirse a examinar detalladamente cada unha das partes ou órganos adultos do vexetal, considerando a súa posición respectiva, estariamos a falar da anatomía descritiva.
O estudo da constitución dos divrsos tecidos que integrados na planta denomínase, loxicamente histoloxía vexetal.
Se non se para no estudo dos tecidos, senón que se investiga a célula até o máis íntimo da mesma, chegando até orgánulos que a constitúen, estariamos no campo da citoloxía.
Por outra parte, cando o estudo a anatomía vexatal non se limita aos órganos adultos, senón que vai seguindo o seu desenvolvemento, desde que comezan a formarse, e a través de todas as súas fases até chegar ao seu máximo grao, a anatomía cualifícase de ontoxénica.
Outras veces establécense comparacións entre uns ou outros órganos de distintas plantas, co obxecto de descubrir as analoxías e as homoloxías que poidan presentarse entre eles: neste caso trátase da anatomía comparada.
Pero se as comparacións establécense tendo en conta os antepasados dos organismos, daquela a anatomía recibe o apelido de filoxenética.
A anatomía fisiolóxica estuda a estrutura das partes e órganos vexetais tendo en conta a función que desempeñan.
A mecanoxenética estuda as causas fisicoquímicas de determinadas estruturas.
Finalmente, a anatomía patolóxica examina a estrutura dos órganos deformados por causa de calquera clase de enfermidades.[4]
Procedementos de estudo
[editar | editar a fonte]O termo anatomía, aplicado ás plantas, xeralmente trata con estruturas que son observadas por un microscopio óptico con boa resolución, ou cos microscopios electrónicos de transmisión ou de varrido;[1] os caracteres tomados baixo os dous últimos moitas veces refírense como "caracteres ultraestruturais" e "caracteres micromorfolóxicos" respectivamente;[2]
Exclúense os caracteres celulares dos órganos reprodutivos, que se sitúan nos campos da embrioloxía das plantas e a palinoloxía.[1]
Diferenza coa anatomía animal
[editar | editar a fonte]Esta definición de anatomía difire da utilizada en zooloxía, na que o termo anatomía refírese unicamente ao estudo dos órganos internos, mentres que é a histoloxía animal' a que se ocupa do estudo das células e os tecidos dos animais.[1]
Por outra parte, a anatomía está fortemente correlacionada coa fisioloxía vexetal, o estudo dos procesos metabólicos das plantas.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Nos seus comezos, a anatomía vexetal incluía tamén a morfoloxía vexetal, que estuda a forma física e a estrutura externa das plantas. A partir de mediados do século XX as investigacións sobre anatomía vexetal están referidas soamente á súa estrutura interna, constituíndo un campo de estudo separado.[5]
Aplicacións á sistemática
[editar | editar a fonte]Os caracteres anatómicos son uns dos "campos de evidencia taxonómica" utilizados en análises filoxenética (outros son a morfoloxía, a embrioloxía, os cromosomas, a palinoloxía, os metabólitos secundarios, as proteínas).[2] En comparación cos morfolóxicos, os caracteres anatómicos requiren dunha habilidade técnica e tomalos consome moito tempo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 MG Simpson. 2005. Plant Anatomy and Physiology. En: Plant Systematics. Elsevier Academic Press. Capítulo 10.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Judd, W. S.; C. S. Campbell; E. A. Kelogg; P. F. Stevens & M. J. Donoghue (2007): "Structural and Biochemical Characters!. En: Plant Systematics. A Phylogenetic Approach. Third Edition. Capítulo 4.
- ↑ Font Quer 1993, p. 51.
- ↑ Font Quer 1993, pp. 51-52.
- ↑ Raven, P. H.; Evert, R. F. & Eichhorn, S. E. (2005): Biology of Plants. 7th edition. New York: W. H. Freeman. ISBN 0-7167-1007-2. páx. 9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Anatomía vexetal |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barthlott, X.; C. Neinhuis, D. Cutler, F. Ditsch, I. Meusel, I. Theisen & H. Wihelmi (1998): "Classification and terminology of plant epicuticular waxes". Bot. J. Linnean Soc. 126: 237-260.
- Behnke, H-D. (1972): "Sieve-element plastids in relation to angiosperm systematics: An attempt towards a classification by ultrastructural analysis". Bot. Rev. 38: 155-197.
- Behnke, H-D. (1975): "The bases of angiosperm phylogeny: Ultrastructure". Ann. Missouri Bot. Gard. 62: 647-663.
- Carlquist, S. (1961): Comparative plant anatomy: A guide to taxonomic and evolutionary applications of anatomical data in angiosperms. Nova York: Holt, Rinehart & Winston.
- Dickinson, W. C. (1975): "The bases of angiosperm phylogeny: Vegetative anatomy". Ann. Missouri Bot. Gard. 62 :590-620.
- Dickinson, W. C. (2000): Integrative plant anatomy. San Diego, CA: Harcourt/Academic Press. (Inclúe capítulos que tratan da utilidade dos datos anatómicos nos estudos de morfoloxía e sistemática".
- Esau, K. (1977): Anatomy of seed plants. 2nd. ed. New Work: Wiley.
- Eyde, R. H. (1975): "The bases of angiosperm phylogeny: Floral anatomy". Ann. Missouri Bot. Gard. 62 :961-978.
- Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3.
- Hickey, L. J. & J. A. Wolfe (1975): "The bases of angiosperm phylogeny: Vegetative morphology". Ann. Missouri Bot. Gard. 62: 538-589.
- Judd, W. S. et al. (2007): Plant systematics: a phylogenetic approach. Sunderland, Massachusetts: Sinauer Associates, Inc.
- Metcalfe, C. R. & L. Chalk (1979): Anatomy of the dicotyledons, 2nd. ed. Vol. 1: Systematic anatomy of leaf and stem, with a brief history of the subject. Oxford: Clarendon.
- Metcalfe, C. R. & L. Chalk (1983): Anatomy of the dicotyledons, 2nd ed. Vol. 2: Wood structure and conclusion of the general introduction. Oxford: Clarendon.
- Radford, A. E.; W. C. Dickinson; J. R. Masseym & C. R. Bell (1974): Vascular Plant Systematics. Nova York: Harper and Row. Nova York. (Inclúe unha lista de numerosos termos morfolóxicos e anatómicos, con ilustracións).
- Simpson, Michael (2005): Plant Systematics. Elsevier Acedemic Press.
- Stace, C. A. (1965): "Cuticular studies as an aid to plant taxonomy". Bull. Br. Mus. (Nat. Hist.) Bot. 4: 1-78.