Diocese católica latina de Tarawa e Nauru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diocese de Tarawa e Nauru»)
Diocese de Tarawa e Nauru
Dioecesis Taravana et Nauruna
Escudo
Datos xerais
Erixida28 de xuño de 1897
LocalizaciónKiribati e Nauru
Sufragánea deArquidiocese de Suva
Estatísticas
Información
RitosRomano
Xerarquía
BispoPaul Eusebius Mea Kaiuea

A diocese de Tarawa e Nauru (en latín: Dioecesis Taravana et Nauruna) é unha sé da Igrexa Católica Latina, sufragánea da arquidiocese de Suva. En 2010 tiña 54.942 bautizados sobre unha poboación total de 110.367 habitantes. O seu bispo actual é Paul Eusebius Mea Kaiuea.

Territorio[editar | editar a fonte]

A diocese comprende as repúblicas de Kiribati e Nauru. A sé episcopal é a cidade de Tarawa Sur, na illa de Tarawa, onde está a catedral do Sagrado Corazón de Xesús.

O seu territorio está subdividido en 21 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

A vigairía apostólica das Illas Gilbert foi erixida o 28 de xuño de 1897, en territorios da vigairía apostólica de Nova Pomerania.

O 21 de xuño de 1966, coa bula Prophetarum voces do papa Paulo VI a vigairía apostólica foi elevada a diocese, e tomou o nome de Tarawa.

O 15 de novembro de 1978 a diocese mudou o seu nome polo de diocese de Tarawa, Nauru e Funafuti.

O 10 de setembro de 1982 a diocese foi dividida, coa separación da misión sui iuris de Funafuti.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

  • Joseph-Marie Leray (27 de xullo de 1897 - 1926, renuncia)
  • Joseph Bach (26 de xaneiro de 1927 - 27 de decembro de 1933, renuncia)
  • Octave-Marie Terrienne (2 de decembro de 1937 - 28 de febreiro de 1961, renuncia)
  • Pierre-Auguste-Antoine-Marie Guichet (19 de xullo de 1961 - 15 de novembro de 1978, renuncia)
  • Paul Eusebius Mea Kaiuea (15 de novembro de 1978 - actualidade)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]