Arquidiocese católica latina de Rabaul
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 384.952 (2020) (15,4 hab./km²) | |||
Relixión | Igrexa católica | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 25.000 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Sitio web | archdioceseofrabaul.com |
A arquidiocese de Rabaul (en latín: Archidioecesis Rabaulensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2010 tiña 149.870 bautizados sobre unha poboación total de 285.540 habitantes. Francesco Panfilo é o actual arcebispo.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquidiocese abrangue a provincia de Nova Bretaña Oriental en Papúa-Nova Guinea. A sé arcebispal é a cidade de Kokopo, onde está a Catedral do Sagrado Corazón, e en Rabaul esta a Concatedral de San Francisco Xabier.
O territorio está organizado en 29 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1844 foi erixida a vigairía apostólica de Melanesia, en territorios da vigairía apostólica de Oceanía occidental. O 10 de maio de 1889 foi renomeada como vigairía apostólica de Nova Bretaña, e gañou territorios da vigairía apostólica de Micronesia e cedeu territorio para erixir a vigairía apostólica de Nova Guinea. O 8 de decembro de 1890 mudou novamente o seu nome polo de vigairía apostólica de Nova Pomerania.
O 24 de febreiro de 1896, o 28 de xuño e o 27 de xullo de 1897 cedeu partes do seu territorio para erixir a prefectura apostólica da Terra do Emperador Guillerme, a vigairía apostólica das Illas Gilbert, e a prefectura apostólica das Illas Salomón Británicas. O 23 de maio de 1898 cedeu territorio para erixir a prefectura apostólica das Illas Salomón Alemás. En 1905 cedeu territorio para erixir a misión sui iuris das Illas Marshall. O 14 de novembro de 1922 foi renomeada como vigairía apostólica de Rabaul.
O 5 de xullo de 1957 cedeu territorios para estabelecer a vigairía apostólica de Kavieng, e o 15 de novembro de 1966 foi elevada a arquidiocese metropolitana coa bula Laeta incrementa de Paulo VI.
O 4 de xullo de 2003 cedeu novamente territorio para erixir a diocese de Kimbe.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Vigairos apostólicos de Melanesia
- Jean Baptiste Epalle (19 de xullo de 1844 – 19 de decembro de 1845, finado)
- Jean Georges Collomb (19 de febreiro de 1846 - 16 de xullo de 1848, finado)
- Paolo Reina (11 de xaneiro de 1852 - 14 de marzo de 1861, finado)
- Louis-André Navarre (17 de maio de 1887 - 10 de maio de 1889, nomeado vigairo apostólico de Nova Guinea)
- Vigairos apostólicos de Nova Bretaña
- Stanislas Henri Verjus (10 de maio de 1889 - 28 de decembro de 1889, nomeado vigairo apostólico coadxutor de Nova Guinea)
- Louis Couppé (28 de decembro de 1889 - 8 de decembro de 1890, cambio de nome da sé)
- Vigairos apostólicos de Nova Pomerania
- Louis Couppé (8 de decembro de 1890 - 14 de novembro de 1922, cambio de nome da sé)
- Vigairos apostólicos de Rabaul
- Louis Couppé (14 de novembro de 1922 - 1923, retirado)
- Gerard Vesters (16 de febreiro de 1923 - 1939, renuncia)
- Leo Isidore Scharmach (13 de xuño de 1939 - 6 de agosto de 1962, renuncia)
- Johannes Höhne (1 de marzo de 1963 - 15 de novembro de 1966, elevación da sé)
- Arcebispos metropolitanos de Rabaul
- Johannes Höhne (15 de novembro de 1966 – 27 de maio de 1978, finado)
- Albert-Leo Bundervoet (6 de marzo de 1980 – 29 de marzo de 1989, finado)
- Karl Hesse (7 de xullo de 1990 – 11 de agosto de 2011, retirado)
- Francesco Panfilo (11 de agosto de 2011 – actualidade)