Diocese católica latina de Chalan Kanoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diocese de Chalan Kanoa
Dioecesis Vialembensis
Saipan Mount Carmel Cathedral.JPG
Datos xerais
Erixida 8 de novembro de 1984
Localización Estados Unidos de América
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

43.000 (59,8%)
71.850
Información
Ritos Romano
Xerarquía
Bispo (sé vacante)
Outros datos
Páxina web www.dioceseofchalankanoa.com
Diocese of Chalan Kanoa map.png

A diocese de Chalan Kanoa (en latín: Dioecesis Vialembensis) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragénea da arquidiocese de Agaña. En 2006 contaba con 43.000 fieis, sobre unha poboación de 71.850 habitantes. Actualmente a sé está vacante.

Territorio[editar | editar a fonte]

A diocese abrangue o arquipélago das Illas Marianas Setentrionais, país do Océano Pacífico en libre asociación cos Estados Unidos de América. Consiste en 14 illas, que se atopan entre Hawai e as Filipinas.

A sé episcopal é a cidade de Chalan Kanoa, na illa de Saipan, onde está a catedral de Nosa Señora do Monte Carmelo.

O territorio esténdese por unha superficie de 102 km², e está subdividido en 12 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira circunscrición católica autónoma no territorio da presente diocese foi a prefectura apostólica das Illas Marianas, erixida o 17 de setembro de 1902, en territorios da arquidiocese de Cebú.

O 1 de marzo de 1911 co breve Quae Catholico nomini de Pío X a prefectura apostólica foi unida á prefectura apostólica das Illas Carolinas, que asumíu o nome de prefectura apostólica das Illas Carolinas e Marianas (hoxe diocese das Illas Carolinas). O 4 de xullo de 1946 o territorio das illas pasou a ser parte da vigairía apostólica de Guam.

A diocese foi finalmente erixida o 8 de novembro de 1984 coa bula Properamus do papa Xoán Paulo II, en territorios da diocese de Guam.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]