Arquidiocese católica latina de Samoa-Apia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 187.820 (2017) (64,28 hab./km²) | |||
Lingua usada | lingua inglesa | |||
Relixión | Igrexa católica | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 2.922 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1850 | |||
Catedral | Immaculate Conception Cathedral, Apia (en) | |||
A arquidiocese de Samoa-Apia (en latín: archidioecesis Samoa-Apiana) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2010 tiña 42.500 bautizados sobre unha poboación total de 189.000 habitantes. O seu arcebispo actual é Alapati Lui Mataeliga.
Territorio
[editar | editar a fonte]A arquidiocese abrangue o arquipélago do estado de Samoa.
A sé arcebispal é a cidade de Apia, onde está a Catedral da Inmaculada Concepción.
O territorio está dividido en 38 parroquias.
Historia
[editar | editar a fonte]A evanxelización das illas de Samoa comezou en 1845 polos padres maristas.
O 20 de agosto de 1850 foi erixida a vigairía apostólica de Samoa, en territorios tomados da vigairía apostólica de Oceanía central.
O 4 de xaneiro de 1957 tomou o nome de vigairía apostólica de Samoa e Tokelau.
O 21 de xuño de 1966 coa bula papal Prophetarum voces do papa Paulo VI a vigairía apostólica foi elevada a diocese, e tomou o nome de diocese de Apia.
O 10 de agosto de 1974 a diocese mudou o seu nome polo de diocese de Apia e Samoa e Tokelau, e o 3 de decembro de 1975 mudouno novamente polo de diocese de Samoa e Tokelau.
O 10 de setembro de 1982 cedeu parte do seu territorio para a creación da diocese de Samoa-Pago Pago e ao mesmo tempo, coa bula Maiorem para utilitatem de Xoán Paulo II, a diocese foi elevada a arquidiocese metropolitana, e tomou o nome de arquidiocese de Samoa-Apia e Tokelau.
O 26 de xuño de 1992 a arquidiocese foi dividida, dando orixe á presente arquidiocese e á misión sui iuris de Tokelau.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Pierre-Jean Broyer (30 de marzo de 1896 - 29 de outubro de 1918, finado)
- Joseph Darnand (4 de agosto de 1919 - 23 de novembro de 1953, retirado)
- Jean Baptiste Dieter (16 de novembro de 1953 - 28 de xuño de 1955, finado)
- George Hamilton Pearce (29 de febreiro de 1956 - 22 de xuño de 1967, nomeado arcebispo de Suva)
- Pio Taofinuʻu (11 de xaneiro de 1968 - 16 de novembro de 2002, retirado)
- Alapati Lui Mataeliga (16 de novembro de 2002 - 25 de abril de 2023, finado)