Diocese católica latina de Taiohae o Tefenuaenata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diocese de Taiohae o Tefenuaenata
Dioecesis Taiohaëna seu Humanae Telluris
Nuku Hiva - Cathédrale Notre-Dame de Taiohae - 20061109.jpg
Datos xerais
Erixida9 de maio de 1848
LocalizaciónFrancia
Sufragánea deArquidiocese de Papeete
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

8.310 (90,1%)
9.220
Información
RitosRomano
Xerarquía
PapaFrancisco
BispoPascal Chang-Soi

A diocese de Taiohae o Tefenuaenata (en latín: Dioecesis Taiohaëna seu Humanae Telluris) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragánea da arquidiocese de Papeete. En 2010 tiña 8.310 bautizados sobre unha poboación total de 9.220 habitantes. O seu bispo actual é Guy André Dominique Marie Chevalier.

Territorio[editar | editar a fonte]

A diocese abrangue as illas Marquesas, na Polinesia Francesa. A sé episcopal é a cidade de Taiohae, na illa de Nuku Hiva, onde está a catedral da Nosa Señora.

O territorio está dividido en 26 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

O 9 de maio de 1848, coa bula Apostolicae servitutis do papa Pío IX, foi erixida a vigairía apostólica das illas Marquesas, en territorios da vigairía apostólica de Oceanía oriental.

O 21 de xuño de 1966 a vigairía apostólica foi elevada a diocese coa bula Prophetarum voces do papa Paulo VI, e tomou o nome de diocese de Taiohae.

O 31 de maio de 1974 a diocese tomou o nome actual co decreto Summus Pontifex da Congregación para a Evanxelización dos Pobos.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]