Joseph-Marie Leray
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de xaneiro de 1854 Loira Atlántico |
| Morte | 17 de outubro de 1929 |
| Vigairo apostólico | |
| 27 de xullo de 1897 – | |
| Bispo titular | |
| 24 de xullo de 1897 – Diocese: Remesiana (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1898–), sacerdote católico (1879–) |
| Orde relixiosa | Misioneiros do Sagrado Corazón |
| Consagración | Pierre-Émile Rouard (pt) |
Joseph-Marie Leray, nado en Montoir-de-Bretagne (Francia) o 25 de xaneiro de 1854 e finado en Nonouti (Kiribati) o 17 de outubro de 1929, foi un misioneiro católico francés, vigairo apostólico das Illas Gilbert entre 1897 e 1926.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Leray foi ordenado sacerdote en 1879, e en 1886 profesou como membro dos Misioneiros do Sagrado Corazón. Foi un dos primeiros tres misioneiros católicos enviados en 1887 ás Illas Gilbert, que chegaron a Nonouti en 1888.
O 24 de xullo de 1897 foi nomeado vigairo apostólico das Illas Gilbert e bispo titular de Remesiana. Recibiu a consagración episcopal o 26 de xuño de 1898 de mans de Pierre-Emile Rouard, bispo de Nantes.
Retirouse en 1926. Finou en Nonouti o 17 de outubro de 1929.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: (creación da vigairía) |
Vigairo apostólico das Illas Gilbert 1897 - 1926 |
Sucesor: Joseph Bach |