Arquidiocese católica latina de Suva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Suva
Imaxe

Localización
Mapa
 18°08′S 178°26′L / -18.13, 178.43Coordenadas: 18°08′S 178°26′L / -18.13, 178.43
Poboación
Poboación869.458 (2017) Editar o valor em Wikidata (47,43 hab./km²)
Lingua usadalingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie18.333 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1966 Editar o valor em Wikidata
CatedralSacred Heart Cathedral, Suva (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webaosfiji.org Editar o valor em Wikidata

A arquidiocese de Suva (en latín: Archidioecesis Suvana) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2010 tiña 101.050 bautizados sobre unha poboación total de 1 297 683 habitantes. Peter Loy Chong é o actual arcebispo.

Territorio[editar | editar a fonte]

A arquidiocese abrangue todo o arquipélago das Fidxi. A sé arcebispal é a cidade de Suva, onde está a Catedral do Sagrado Corazón.

O territorio está organizado en 35 parroquias.

Provincia eclesiástica[editar | editar a fonte]

Diocese País
Arquidiocese de Suva Fidxi Fidxi
Diocese de Rarotonga Illas Cook Illas Cook
Niue Niue
Diocese de Tarawa e Nauru Kiribati
Nauru Nauru

Historia[editar | editar a fonte]

O arquipélado das illas Fidxi foi evanxelizado polos padres maristas, que comezaron a chegar ás illas en 1844, cando os misioneiros británicos metodistas wesleyanos xa estaban fortemente estabelecidos.[1]

O 27 de marzo de 1863 foi erixida a prefectura apostólica das Illas Fidxi,[1] en territorios da vigairía apostólica de Oceanía central.

O 10 de maio de 1887 a prefectura apostólica foi elevada ao rango de vigairía apostólica.[1]

O 21 de xuño de 1966, coa bula Prophetarum voces do papa Paulo VI a vigairía apostólica foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana e tomou a súa denominación actual.[2]

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

O único prefecto apostólico das illas foi:

Os vigairos apostólicos foron os seguintes:

Dende a súa elevación, os seus arcebispos teñen sido os seguintes

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Universidade Católica de América (edición) (2003). Thomson/Gale, ed. The Catholic Church in Oceania. New Catholic Encyclopedia 10. p. 531. ISBN 9780787640040. 
  2. Paulo VI (21 de xuño de 1966). Constitutio Apostolica "Oceaniae Meridionalis". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]