Saltar ao contido

Diego Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDiego Losada
Biografía
Nacemento(es) Diego Losada Gómez Editar o valor en Wikidata
21 de abril de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Ciencias da Información
Universidade Rei Xoán Carlos
RTVE Instituto
Universidade Camilo José Cela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador, reporteiro, xornalista, músico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorAtresmedia
Radio Televisión Madrid
RTVE
Mediaset España Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra eléctrica e voz Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm4281802 Facebook: DiegoLosadaWeb Twitter: DiegoLosadaTv Instagram: dieglosada Editar o valor en Wikidata

Diego Losada Gómez, nado na Coruña o 21 de abril de 1985, é un xornalista, presentador de informativos e reporteiro galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid e realizou un mestrado en Xornalismo de Televisión pola Universidade Rei Xoán Carlos e por RTVE Instituto e outro mestrado en Comunicación Política e Empresarial pola Universidade Camilo José Cela. Tamén realizou estudos de dobraxe.[1]

En 2006 comezou a súa carreira profesional en Radio Fuga Aranjuez, onde dirixiu o programa musical Mardi Gras. Ese mesmo ano tomou o seu primeiro contacto co xornalismo informativo, poñendo voz aos boletíns matinais do programa Herrera en la onda, de Onda Cero, na desconexión local da Comunidade de Madrid-Sur. Escribiu tamén reportaxes para o Semanario Más.[2]

En 2007 comezou a súa carreira na televisión como reporteiro nos informativos de fin de semana de TeleToledo. Meses despois pasou a presentar e editar o informativo das 21:00 xunto a Mónica Rodríguez, nun formato que combinaba información e entrevistas en directo.

En xuño de 2009 entrou na redacción do programa de debate e análise La noche en 24 Horas, presentado entón por Vicente Vallés no Canal 24 Horas. En outubro de 2009 incorporouse á redacción dos Servizos Informativos de TVE, como redactor da sección Sociedade e Cultura do Telediario Fin de Semana, presentado entón por María Casado e David Cantero. A súa dedicación ao narcotráfico e ás cuestións de seguridade nacional valeulle no 2010 o Premio de Xornalismo das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na súa rama da Policía Nacional pola súa reportaxe Los negociadores.[3]

En setembro de 2012, coincidindo co 15º aniversario do Canal 24 Horas, comezou a tempada copresentando xunto a Lara Siscar o programa de información, entrevista e debate La tarde en 24 horas .[4][5][6] Durante as dúas tempadas [7] á fronte de La tarde presentou ocasionalmente, como substituto de María San Juan, o programa especializado en información internacional, El mundo en 24 horas .[8]

Dende o 8 de setembro de 2014 ata o 14 de xullo de 2017 presentou o Telediario Matinal xunto a Ana Ibáñez.[9] [10] Entre o 18 de setembro de 2017 e o 20 de outubro de 2018 presentou o informativo Telenoticias 1 de Telemadrid con Lourdes Maldonado. Entre o 5 de novembro de 2018 e o 27 de decembro de 2019 presentou con Ana Ibáñez, España directo Desde entón pasou a ser copresentador e subdirector de La mañana de La 1 con María Casado. Despois da saída desta en maio de 2020, converteuse no principal presentador do formato ata xullo do mesmo ano.[11]

No verán de 2021, foi presentador splente do histórico Informe semanal. Desde setembro de 2020 ata setembro de 2021, foi o presentador de La tarde en 24 horas con Paula Sainz-Pardo, no Canal 24 Horas. Ao mesmo tempo substituíu ao tamén galego Xabier Fortes en La noche en 24 horas cando este estaba ausente. De setembro de 2021 a marzo de 2022 presentou os Telediarios Fin de semana de TVE con Lara Siscar.[12]

En marzo de 2022 deixou TVE e fichou por Mediaset España para presentar o programa En boca de todos en Cuatro.[13] En Telecinco tamén presentou un especial tras a emisión da docuserie Dolores: la verdad sobre el caso Wanninkhof no que se abordaban aspectos deste caso nos medios e o especial Cristina de Borbón, rota de amor sobre a infanta Cristina de Borbón e a súa nova vida tras separarse. de Iñaki Urdangarin.


Con formación musical, é guitarrista e cantante no grupo de indie rock Durden.

  1. "Diego Losada: trabajar la voz es muy recomendable y saludable para todo el mundo" (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2024. 
  2. "MÁS Aranjuez – Noticias de Aranjuez". Consultado o 2021-08-29. 
  3. RTVE, PRENSA (2011-02-25). "Premios Periodísticos Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado 2010 | Juan Ramón Lucas (RNE) y Diego Losada (TVE), galardonados con los Premios Periodísticos FCSE 2010" (en castelán). Consultado o 2021-08-29. 
  4. RTVE, PRENSA (2012-09-17). "'15 años contando noticias' | Canal 24h estrena temporada: Ana Ibáñez en la noche y bloques de 24 minutos de información especializada en la tarde, grandes novedades" (en castelán). Consultado o 2021-08-29. 
  5. "Diego Losada y Lara Siscar, presentadores de 'La tarde en 24h': Fotos" (en castelán). Consultado o 2021-08-29. 
  6. "Canal 24 horas estrena temporada con nuevos bloques informativos de expertos por la tarde - RTVE.es". RTVE.es. 17 de septiembre de 2012. Consultado o 14 de enero de 2017. 
  7. RTVE.es (2013-09-15). "El Canal 24 Horas apuesta por la información de calidad en la nueva temporada" (en castelán). Consultado o 2021-08-29. 
  8. "El mundo en 24 horas online - RTVE.es A la Carta". 15 de octubre de 2010. Consultado o 14 de enero de 2017. 
  9. "Los primeros de la mañana - TV". 2017-01-16. Arquivado dende o orixinal o 16 de enero de 2017. Consultado o 2021-08-29. 
  10. "Trío de gallegos en el telediario" (en castelán). 2014-11-24. Consultado o 2021-08-29. 
  11. "'La Mañana' asciende por sorpresa a Diego Losada ante la marcha inesperada de María Casado" (en castelán). 2020-05-18. Consultado o 2021-08-29. 
  12. "Exclusiva / Diego Losada y Lara Siscar presentarán el Telediario fin de semana" (en castelán). 2021-08-29. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2023. Consultado o 2021-08-29. 
  13. "Diego Losada se incorpora a Mediaset España para presentar en Cuatro el programa de actualidad ‘En boca de todos’" (en castelán). 2022-03-09. Consultado o 2022-03-09.