David Cantero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
David Cantero
David Cantero.jpg
Nacemento1961
 Madrid
NacionalidadeEspaña Española
OcupaciónPresentador
editar datos en Wikidata ]

David Fernández Cantero, nado en Madrid en 1961, é un comunicador, escritor, pintor e presentador de informativos español.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou Imaxe e Son, Cinematografía, Fotografía e Publicidade. As súas primeiras incursións no mundo da información foron na televisión.

Incorporouse a Televisión Española no ano 1982, onde desenvolveu a súa actividade profesional nos estudos de Prado del Rey, Torrespaña, o Centro Territorial de Andalucía así como en Roma durante tres anos, do 1988 ao 1991, como reporteiro gráfico de TVE.

Desde 2004 e ata 2010 conduciu o Telediario do fin de semana en La 1, aínda que pasou por todas as edicións dos informativos da televisión pública. Tamén estivo á fronte do prestixioso programa Informe semanal durante tres anos, de 2007 a 2010, antes asinara traballos para este programa como realizador, montador e como reporteiro. Así mesmo conduciu o programa La entrevista de Cultural.es, en Canal Cultura, ademais de presentar numerosos programas especiais de TVE. En agosto de 2010, Telecinco anunciou a súa fichaxe para presentar Informativos Telecinco diarios de sobremesa, a partir do 13 de setembro, xunto a Marta Fernández Vázquez e Sara Carbonero nos deportes.

En 2010 recibiu o Micrófono de Ouro, galardón que outorga a Federación de Asociacións de Radio e Televisión. En 2012 foi galardoado como "Home do ano" pola revista Men's Health na categoría de "Mellor Comunicador".

É pai de tres fillos.

Televisión[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]