María Casado Paredes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Casado Paredes
María Casado, presentadora del Telediario Fin de Semana y 59 segundos de TVE.jpg
Nacemento14 de marzo de 1978
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Barcelona
Ocupaciónpresentadora de televisión e xornalista
editar datos en Wikidata ]

María Casado Paredes, nada en Barcelona o 14 de marzo de 1978, é unha xornalista e presentadora de televisión española. Actualmente presenta o programa Los desayunos de TVE en La 1 de Televisión Española.

Biografía e carreira[editar | editar a fonte]

Licenciada en Periodismo pola Universidade Autónoma de Barcelona,[1] comezou a traballar en 1999 nos Servizos Informativos de Ràdio 4 de Radio Nacional de España como redactora. Tras un paso por Catalunya Ràdio onde foi a produtora do programa El Matí de Catalunya Ràdio, volveu a Radio Nacional en 2003, como subdirectora do magazine Amb molt de gust, durante o verán presentou e dirixiu a versión estival L'estiu amb molt de gust. En 2005 incorporouse aos Servizos Informativos de TVE Catalunya como redactora.

O 25 de febreiro de 2006, substituíu a Helena Resano, no Telediario Fin de semana xunto a David Cantero e Sergio Sauca. En abril presentou xunto a Sandra Sabatés a gala dos premios de cine "Sant Jordi", entregados en Barcelona.

Nos Sanfermines de 2007 foi unha das comentaristas dos encerros para Televisión Española. O 11 de setembro de 2007, coincidindo coa Diada, debutou á fronte de 59 segons, a versión en catalán de 59 segundos, emitido en desconexión local de La 2 para TVE Catalunya. O 9 de setembro de 2009 foi substituída por Cristina Puig. Apoiou xunto a outros compañeiros da cadea a campaña solidaria "Un xoguete, unha ilusión". No mes de novembro converteuse nunha das coopresentadores do programa Informe semanal de La 1.

O 31 de agosto de 2008 presentou o novo logo de Radiotelevisión Española. O 29 de outubro recibiu o Premio Llongueras á "mellor imaxe con proxección nacional do ano". En abril presentou xunto a Toni Garrido a gala dos premios de cine "Sant Jordi", entregados en Barcelona.

Durante a tempada 2009/2010 presentou o Telediario Fin de semana xunto a David Cantero e María Escario. O 9 de setembro de 2009 debutou á fronte de 59 segundos en substitución de Ana Pastor. Presentou xunto a Toni Garrido a gala dos premios de cine "Sant Jordi", entregados en Barcelona.

Desde setembro de 2010 presentou o Telediario Fin de semana xunto a Marcos López e María Escario. O 9 e 10 de novembro de 2010 presentou o programa de entrevistas Tinc unha pregunta per a vostè, a versión en catalán de Tengo una pregunta para usted con motivo da eleccións autonómicas en Cataluña.

Dende febreiro de 2011 presentou El debate de La 2, un programa sen periodicidade fixa. O 14 de xuño de 2011 recibiu xunto a Marcos López o premio "Gredos 2011" que recoñece a súa profesionalidade. O 5 de novembro de 2011 recibiu o premio Antena de Ouro 2011 que aos profesionais máis destacados da industria audiovisual. O 9 novembro moderou El debate a cinco de TVE cos representantes de PSOE, PP, CiU, PNV e IU.

Dende 11 abril de 2012 presentou El debate de La 1, programa que substitúe a 59 segundos. O 26 maio dese ano recibiu o premio Micrófono de Ouro na categoría de televisión.

Ademais substituíu os seus compañeiros Ana Blanco, Lorenzo Milá e Pepa Bueno nas edicións diarias do Telediario de La 1.

A partir de setembro de 2012 abandona o Telediario e El debate de La 1 para presentar o programa matinal de Los desayunos de TVE, en substitución da xornalista Ana Pastor García.[2]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]