Saltar ao contido

Eglantyne Jebb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEglantyne Jebb

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1876 Editar o valor en Wikidata
Ellesmere, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de decembro de 1928 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemetery of Saint George (en) Traducir, secteur 25, tombe 1443 (–2024)
Cemiterio dos Reis, J4 409 (2024–) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaXenebra Editar o valor en Wikidata
EducaciónLady Margaret Hall (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilántropa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
PaisArthur Trevor Jebb Editar o valor en Wikidata  e Eglantyne Louisa Jebb Editar o valor en Wikidata
IrmánsDorothy Buxton
Louisa Wilkins Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteA historical dictionary of British women (en) Traducir, (p.242) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Jebb-25

Eglantyne Jebb, nada en Ellesmere, Shropshire, o 25 de agosto de 1876 e finada en Xenebra o 17 de decembro de 1928, foi unha activista reformista e fundadora da Save the Children. Escribiu o primeiro esbozo da Declaración Universal dos Dereitos do Neno, que eventualmente foi adoptado pola Liga das Nacións en 1924.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de estudar historia na Universidade de Oxford, Jebb formouse para ser mestra, mais despois dun ano de dar clases aos nenos, deuse conta de que esa non era a súa vocación. Non obstante, observou os efectos da pobreza na vida da infancia.[1]

Cando volveu a Cambridge para coidar da súa nai, Eglantyne acabou traballando para a organización benéfica local, a Charity Organisation Society (COS), e mesmo levou a cabo investigacións en Cambridge.[2] Nesta organización coñeceu a Florence Ada Keynes, secretaria da unidade local do COS, e tamén coñeceu a Margaret Keynes, a súa filla, coa que mantivo unha relación amorosa durante moitos anos, ata o matrimonio de Margaret cun home. A existencia ou non desta relación homoafectiva é o punto máis controvertido da biografía de Eglantyne.[1]

En 1913, Eglantyne axudou a unha organización benéfica fundada polo seu cuñado Charlie Buxton e o seu irmán Noel Buxton para o Macedonian Relief Fund, unha organización benéfica creada para axudar os refuxiados da Segunda Guerra dos Balcáns. Regresou a Inglaterra uns meses antes da primeira guerra mundial, onde traballou no proxecto da súa irmá, onde importaban e traducían xornais estranxeiros, co fin de demostrar os verdadeiros efectos da guerra sobre os civís dos países inimigos.[1]

Co colapso do Imperio Austro-Húngaro e do Imperio Alemán, quedou claro que a infancia destes países sufría cada vez máis pola comida. As irmás fundaron o Fight the Famine Council, un grupo para tratar de obrigar a Inglaterra a que puxese fin ao bloqueo naval contra os países e garantise o tráfico de barcos.[1] Non obstante, o foco cambiou rapidamente coa fin da guerra. O grupo chamábase agora Save the Children Fund e recollía doazóns para prestar servizos de socorro ás vítimas da guerra. Co éxito da organización, Eglantyne e Dorothy lanzaron un capítulo internacional en Xenebra coa axuda do capítulo británico e do capítulo sueco.

Como as doazóns ao fondo caeron a principios dos anos 20, Eglantyne planificou e levou a cabo investigacións científicas e reunións con outras organizacións polo benestar infantil. O comunicado tamén serviu para promover o capítulo internacional de Save the Children, que non contou con tantos membros como o capítulo británico. A Declaración Universal dos Dereitos dos Nenos foi adoptada pola Sociedade de Nacións en 1924.[1][3][4]

Despois de anos de sufrir un problema de tiroide, Eglantyne Jebb morreu nunha residencia de anciáns de Xenebra en 1928.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mulley, Clare (2009). The woman who saved the children : a biography of Eglantyne Jebb founder of Save the Children (en inglés). Oxford: Oneworld. ISBN 9781851686575. OCLC 271080917. 
  2. Matthew, H. C. G.; Harrison, B., eds. (2004-09-23). "The Oxford Dictionary of National Biography" (en inglés). Oxford: Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/34165. Consultado o 2019-06-05. 
  3. Zeldin, Wendy (2012). "Children's Rights: International Laws | Law Library of Congress". www.loc.gov (en inglés). Library of Congress. Consultado o 2019-06-05. 
  4. "Convenção sobre os Direitos da Criança". www.unicef.org. Consultado o 2019-06-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]