Conversa:Declaración dos dereitos do home e do cidadán

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Créditos do contido[editar a fonte]

Reducir parágrafo sobre os dereitos das mulleres[editar a fonte]

Boas, primeiro agradecer a inclusión dun novo apartado para o tema da igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Persoalmente creo que o parágrafo semella algo longo en comparación con a) a importancia da entrada ou documento do que fala b)o tamaño e detalle actual desta entrada c) o escaso eco/éxito que tivo a declaración de Olympe de Gouges nese momento histórico. Se non hai queixa ao respecto, propoño acurtalo un pouco e mover parte da descrición da declaración escrita por Olympe de Gouges que se engadiu acó á páxina de 'Declaración dos dereitos da muller e da cidadá. Xa me comentas que che parece, graciñas de novo,Usuario:Elisardojm --Maria zaos (conversa) 9 de febreiro de 2019 ás 01:40 (UTC)[responder]

Pois non me parece ben Maria zaos :), é tradución da sección correspondente do artigo de en.wiki, da que revisei as referencias e engadín outras a maiores, e o q hai que facer no artigo non é eliminar contido, o que hai q facer é aumentalo. Se o consideras necesario engadímoslle un modelo de "ampliar", de "tarefas pendentes" ou así... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de febreiro de 2019 ás 10:29 (UTC)[responder]
Vale, sen problema. Estamos dacordo en que é bastante necesario amplialo, así que me poño ao tema. Quero deixar claro che agradezo o traballo e que en ningún momento falei de destruílo ou sequera borrar parte. Só falei de mover unha parte ( a que describe máis pormenorizadamente o segundo documento) á entrada baixo o mesmo título, mantendo os dous/tres primeiros parágrafos que fundamentan a sección dereitos das mulleres acó e os dous seguintes na outra entrada Declaración dos dereitos da muller e da cidadá. Probablemente a miña suxestión veña de que non acabo de entender ben ou uso de
Artigo principal: Declaración dos dereitos da muller e da cidadá.. Só se usa para subdividir entradas cando estas son moi grandes ou pódese utilizar mesmo cando as entradas relacionadas son de tamaño pequeno?

De cara a ampliación:eu creo que unha cousa e dar contexto histórico a este artigo sobre este documento no que estamos e outra distinta incluír lecturas ou revisións historiográficas posteriores ao seu tempo. Para min iso é o que trasladan os dous últimos parágrafos que propuña mover: están máis perto da revisión histórica que dunha achega de contexto. E é perfecto mantelos, sempre que non sexan as únicas revisións historiográficas que se inclúan nesta entrada, porque do contrario vaise en contra de WP:PVN. Por esta razón vou ampliar traducindo da entrada francesa, que ten unha sección coas diferentes críticas (ver acó. Calquera cousa seguimos falando. Un saudo Maria zaos (conversa) 9 de febreiro de 2019 ás 15:42 (UTC)[responder]

Maria zaos, o uso do artigo principal é axeitado cando un apartado dun artigo ten entidade abondo para ter unha entrada propia, non sempre sucederá q ese "artigo principal" sexa de maior tamaño, iso dependerá do desenvolvido que estea nun momento determinado, cousa que irá cambiando a medida que se vaia traballando nel.
Neste caso non se pode dicir q o artigo fose en contra do PVN, nese apartado comentábase unha parte dos problemas da declaración, faltaban comentar máis problemas ou críticas, pero iso non é non ser neutral, iso é o q comentei antes, que hai tarefas pendentes ou q hai q amplialo en determinadas seccións. Non ía en contra do PVN porque sobre o tema dos dereitos das mulleres xa estaban no artigo os dous puntos de vista, q os homes tiñan uns dereitos e q as mulleres non, cando realmente era non neutral era cando lle faltaba explicar iso :).
Está xenial q amplíes o artigo porque certamente ten moita necesidade e é un tema abondo importante para que estea explicado de forma axeitada. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de febreiro de 2019 ás 12:44 (UTC)[responder]
Vale,non penso exactamente o mesmo, porque é só un tema o que está reflexado (a desigualdade entre sexos), cando os dereitos e visións recollidas neste documento histórico afectan a moitos dereitos e individuos e a moitas outras circunstancias á parte da desigualdade entre sexos. Igual máis que non-neutral debera ter dito "reducionista". Pero xa se irá completando co tempo, supoño. Moitas grazas polas aclaracións.. :)Maria zaos (conversa) 10 de febreiro de 2019 ás 13:06 (UTC)[responder]
Reducionista tampouco Maria zaos :), no artigo non se estaba a dicir que ese fose o único problema, e tampouco era a miña intención dar a entender iso, eu simplemente acheguei unha parte que faltaba, que era importante engadir, e á que me podía adicar nese momento. É certo que ó artigo faltábanlle máis contidos, e para indicar iso están os modelos de Ampliar, tarefas pendentes, etc, que che comentei, e que no futuro irían amañándose... É certo que o mellor sería traballar todo o conxunto, pero non sempre hai o tempo necesario para afondar todo o que sería axeitado nos artigos... Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de febreiro de 2019 ás 18:42 (UTC)[responder]


Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Declaración dos dereitos do home e do cidadán. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 17 de febreiro de 2019 ás 11:06 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Declaración dos dereitos do home e do cidadán. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de xuño de 2019 ás 00:53 (UTC)[responder]