Saltar ao contido

David Vázquez Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Vázquez Vázquez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Pesqueiras, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema Editar o valor en Wikidata

David Vázquez Vázquez, tamén coñecido como Pinancho,[1] nado en Pesqueiras (Chantada) o 27 de abril de 1971, é un cámara, realizador e director galego.

Traxectoria.

[editar | editar a fonte]

Técnico de son polo CEV de Madrid e mestrado en Dirección e Realización de Cine Vídeo e Televisión en FUNIBER de Barcelona.

Traballou en CTV para a TVG e como Xefe Técnico en Televinte Chantada. Realizou vídeos para Balneario Mondariz, John Deere, Syngenta, Vía Romana, Centro de Lourizán, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, UUAA etc. Creou a empresa Pinancho Audiovisuais.[2] É tamén adegueiro na Ribeira Sacra co viño Antonio do Nicho.[3][4]

Traballos

[editar | editar a fonte]
  • Empantanados (2006). Curtametraxe de ficción. Dirixida por Manel Vázquez e David Vázquez para Chantada Comunicación. Protagonizada por Miguel de Lira e Fernando Morán, xira arredor do asolagamento dos lugares próximosao ao encoro de Belesar.[5]
  • As almas do Fental (2009). Curtametraxe de ficción. Director. Un relato sobre o abandono do rural galego, interpretado por Fernando Morán.[6] Premios:
    • III Muestra de Cine Rural Dos Torres 2013 (Córdoba)
    • Mellor actor Fernando Morán no Budafest 2016
  • Asolagados (2013). Longametraxe documental. Director. Sobre as aldeas asolagadas polo encoro de Belesar.[7] Premios:
    • Premio Xornalístico Documental Moncho Do Pio 2014
    • Rios - Festival Internacional de Cinema Documental e Transmedia Vila Real (Portugal) 2015
  • Hoy como Ayer (2015). Videoclip. Realizador.[8]
  • Narote (2019). Curtametraxe documental. Director e co-guionista con Lorena Gallardo. Sobre a vida de Antonio Nieves.[10] Premios:
    • FENACI 2019 (Perú)
    • Festival Internacional Santa Cruz 2020 (Arxentina)
    • Festival do Imaxinario (Vilagarcía) 2020
    • Mención especial XLI Semana de Cine de Lugo
    • Mención especial My True Story Film Festival
  • A rosa incandescente (2021), director. Curtametraxe sobre Rosalía de Castro, con guión de Anxos García Fonte. Premios:
    • 1º Premio no Aracnea Film&Book Festival de La Castellaneta, na Puglia (Italia)[11], na categoría de Curtametraxe Internacional, 2022.
  • El último de Arganeo (2022).[12] Curtametraxe documental. Conta a historia de Edilberto Rodríguez, leonés de 24 anos que o deixa todo para ser pastor na terra dos seus avós.[13] Premios:
    • Cencerro del Público Etnovideográfica 21/22 (Zamora)
    • Mellor documental en Ruréfilos (Tardajos / Rabé de las Calzadas) en Burgos.[14]
    • 2022: Premio á mellor fotografía (David Vázquez e Humberto Novoa) no Navarra International Film Festival #NIFF na sección de Cambio Climático.
    • 2022: Gañador do Premio Biosfera do Menorca Doc Fest.[15]
  1. "p". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-03. 
  2. "DAVID VÁZQUEZ". david-pinancho. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-03. 
  3. Díaz, Luís (2021-06-27). "«Sigo adiante para salvar a viña, coa adega non sei que vai pasar»". La Voz de Galicia. Consultado o 2022-02-03. 
  4. "David Vázquez, adegueiro de Chantada, valora as consecuencias do pedrazo: "Unha tristura enorme" CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-02-03. 
  5. "Empantanados :: CINE GALEGO". engalecine6.webnode.es. Consultado o 2022-02-03. 
  6. "AS ALMAS DO FENTAL :: CINE GALEGO". engalecine6.webnode.es. Consultado o 2022-02-03. 
  7. "Cultura do País proxecta ‘Asolagados’, de David Vázquez - Xornal de Lugo". www.xornaldelugo.com. Consultado o 2022-02-03. 
  8. "Os traballos do realizador David Vázquez". CREA. 2015-09-30. Consultado o 2022-02-03. 
  9. "De (re)existencias. O entroido ribeirao. Airoá Comunicación". Consultado o 2022-02-03. 
  10. wmabc_AdM1n (2019-09-26). "Narote - fibabc" (en castelán). Consultado o 2022-11-16. [Ligazón morta]
  11. Diario, Nós (2022-09-28). "Anxos García Fonte: "Que ten Jean Austen que non teña Rosalía? Un traballo audiovisual que chegou a todo o mundo"". Nós Diario. Consultado o 2022-09-28. 
  12. Diario, Nós (2022-12-06). "David Vázquez: "Para min, as salvadoras do rural son as persoas que naceron aí e que resisten"". Nós Diario. Consultado o 2022-12-06. 
  13. Piñeiro, Miguel (2022-01-13). "David Vázquez: "Quería unha historia positiva, xa estaba canso de contar desgrazas"". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-02-03. 
  14. digitaldemedios.com (2022-06-09). "Rurefilos... y acción". Noticias Burgos (en castelán). Consultado o 2022-06-12. 
  15. Martín, Iván (2022-10-24). "'El último de Arganeo', de David Vázquez, guanya el premi Biosfera del Menorca Doc Fest". Ara Balears (en catalán). Consultado o 2022-10-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]