Saltar ao contido

O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao
Ficha técnica
DirectorDavid Vázquez Vázquez
ProdutorAiroá Comunicación e Pinancho Audiovisuais
GuiónLorena Gallardo e David Vázquez Vázquez
Duración28 minutos
OrixeGalicia Galicia
Xénerodocumental

O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao é unha curtametraxe documental de 2016, producida por Airoá Comunicación e Pinancho Audiovisuais (coa colaboración de Televinte) e dirixida por David Vázquez Vázquez.

O Entroido Ribeirao é unha celebración moi antiga da Ribeira Sacra en Chantada que resistiu no Moredo a ditadura franquista e o despoboamento das aldeas.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Fálase das formas de vida subalternizadas que se manteñen a pesar da represión política e relixiosa, da falta de relevo xeneracional, da minusvaloracion da ruralidade e das historias, os tempos, os costumes e as festividades. Tamén de persoas que son quen de poñer en valor a súa cultura e do Entroido Ribeirao.[2]

Falan veciños e veciñas, con moitos anos, que foron os que mantiveron o Entroido nos tempos en que estivo prohibido.[3]

Festivais nos que participou[4]

[editar | editar a fonte]
  • Selección oficial Espiello 2016 Huesca (España)
  • Selección oficial CIFA 2017 Perú
  • Selección oficial Festival de Cine Independiente de Salto FECIS (Uruguai)
  • Selección oficial 12 Mostra internacional de Cine Etnográfico Museo do Pobo Galego MICE (Santiago de Compostela)
  • Selección oficial Social Machinery Fim Festival 2017 (Toscana, Italia)
  • Selección oficial FICP 2017 (Patagonia)
  • Selección oficial FECIP 2017 (Ecuador)
  • Selección oficial IV Mostra Documentais Galegos Ateneo Ferrolán
  • Selección oficial Etnovideográfica 2017 Museo Etnografíco de Castela e León
  • Selección oficial NNF 2017 Near Nazareth Festival
  • Selección oficial FESTIFAL 2017 Festival de Cortometrajes de Temática Rural (Teruel)
  • Selección oficial FIBABC 207 (Madrid)
  • Selección oficial FICII 2017 Inca Imperial International Film Festival
  • Selección oficial Concurso Internacional de Documental sobre Patrimonio ""Círculo del Arte"" 2017 (Toledo)
  • Selección oficial 12 Months Film Festival
  • Semifinalist Los Ángeles Cine Fest 2017
  • VIA XIV Festival Internacional Verín 2016
  • “Ciudad del Este Independent Film Festival” Paraguai 2017
  • Social/Family/Kids Film Festival L.A. (EEUU) 2018
  1. "Festival de cine de La Almunia". Festival de cine de La Almunia (en castelán). Consultado o 2022-05-07. [Ligazón morta]
  2. "De (re)existencias. O entroido ribeirao. Airoá Comunicación". Consultado o 2022-05-07. 
  3. "El chantadino David Vázquez presenta un documental sobre el Entroido Ribeirao". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-05-01. Consultado o 2022-05-07. 
  4. "O Moredo La resistencia del Entroido Ribeirao". Antropología Visual. Consultado o 2022-05-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]