Liv Strömquist
![]() (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1978 ![]() Lund (Suecia) ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Radiodifusión e banda deseñada ![]() |
Ocupación | artista de banda deseñada, ilustradora, locutora de radio ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Ola Söderholm ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Liv Strömquist, nada en Lund o 3 de febreiro de 1978, é unha autora de banda deseñada sueca, ademais de locutora e activista política.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Strömquist é a autora dos álbums Hundra procent fett (en galego, "Cento por cento de graxa"), Drift (2007), Einsteins Fru ("A muller de Einstein"), Prins Charles känsla ("o sentimento do príncipe Charles”) onde a partir dunha anécdota, analiza nas parellas heterosexuais normativas o cambio de roles dende o matrimonio de conveniencia á conversión en nai submisa;[2] Ja till Liv (“si á Vida) e A froita do coñecemento (2014).[3] Este último é un ensaio ilustrado sobre a historia cultural da vulva,[4] e como os órganos sexuais femininos por mor de diversas causas hist´roricas, políticas e culturais, foron invisibiliazados.[2]
Strömquist tamén participou como colaboradora habitual en programas de radio e televisión como Tankesmedjan, Hej domstol, Pang Prego, En varg söker sin pod ou Lilla drevet e copresentou dúas tempadas da serie Liv och Horace e Europa xunto con Horace Engdahl, en centros culturais europeos.[5]
En 2017, a antoloxía de debuxos The Night Garden (o xardín nocturno), exhibida en diferentes estacións do Metro de Estocolmo, causou controversia ao representar abertamente a menstruación.[6]
Obra
[editar | editar a fonte]- Hundra procent fett. Ordfront/Galago 2005.
- Drift. Kolik förlag 2007 (xunto con Jan Bielecki).
- Einsteins fru. Ordfront/Galago 2008.
- Prins Charles Känsla. Ordfront/Galago 2010.
- Ja till Liv!. Ordfront/Galago 2011.
- Månadens moderat Kalender 2013. Ordfront Förlag 2013.
- Kunskapens frukt. Ordfront/Galago 2014. (Traducida ao galego como A froita do coñecemento, por David. Á. Álvarez Martínez e editada en Catro Ventos Editora 2021).[7]
- Kära Liv och Caroline. Natur & Kultur 2015 (xunto con Caroline Ringskog Ferrada-Noli).
- Uppgång & Fall. Ordfront/Galago 2016.
- Den rödaste rosen slår ut. Ordfront/Galago 2019.
- Inne i spegelsalen. Norstedts, 2021.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Adamson Award 2012, premio á mellor debuxante sueco de banda deseñada, ex aequo con Jonas Darnell.[8]
- EWK Award 2013, premio.
- En 2016, a Universidade de Malmö , outorgoule un doutormanto honoris causa.[2]
- En 2020, recibiu o premio Kolla!, na categoría Effekt.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "COMIC REWIND ...". comic-barcelona.com (en catalán). Consultado o 15 de maio de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Peirano, Marta (16 de octubro de 2021). "Liv Strömquist en conversación con Marta Peirano". mataderomadrid.org (en castelán). Consultado o 13 de novembro de 2021.
- ↑ "Liv Strömquist".
- ↑ Josep Oliver (29 de marzo 2018). "‘El fruto prohibido’, de Liv Strömquist: historia social de la vulva".
- ↑ Lisa Rosman (27 de decembro de 2017). "Liv Strömquist: "Jag kopplar av genom att kolla på dokusåpor"".
- ↑ Elle Hunt (2 de novembro de 2017). "'Enjoy menstruation, even on the subway': Stockholm art sparks row".
- ↑ "A froita do coñecemento". Catro Ventos Editora. Consultado o 2021-05-15.
- ↑ "Adamson Awards". comics.org (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2021.
- ↑ Redacción (23 de novembro de 2020). "Liv Strömquist – mottagare av Kolla! i kategorin Effekt". kolla.se (en saami setentrional). Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2021. Consultado o 13 de novembro de 2021.