Daniel Basteiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1980 ![]() Vilalba, España ![]() |
Educación | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Daniel Basteiro, nado en Vilalba, é un xornalista galego.[1] Dende 2020 é director de Infolibre.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid[2] e completou os seus estudos na Universidade de Bergen, en Noruega.[2] Entre 1993 e 2004 cursou estudos musicais de piano e clarinete no conservatorio de Vilalba,[2] onde ten desenvolvido unha intensa actividade cultural ligada aos colectivos da vila, como a Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba.[Cómpre referencia]
Tras colaborar na súa mocidade con La Voz de Galicia e a Cadena Cope a través de pequenas incursións, comezou a traballar en La Voz de Almería antes de pasar a integrar a redacción en liña de 20 minutos, en Madrid.[2] En 2008 comezou a traballar como correspondente desde Bruxelas para o xornal español Público,[3] onde cubriu todo tipo de informacións, entre elas a irrupción da crise económica, os rescates de Grecia, Irlanda, Portugal e España, así como as reunións de xefes de estado e de goberno e outros asuntos de política europea e internacional. Tamén realizou colaboracións de temática comunitaria para La Voz de Galicia, Radio France Internationale ou La Sexta.[2]
En 2012, co peche desa cabeceira, integrou o equipo fundador da versión española do The Huffington Post baixo a dirección de Montserrat Domínguez, encargándose de asuntos de política nacional e europea.[3]
En xaneiro de 2015 pasou a formar parte do equipo fundacional de El Español, onde se encargou fundamentalmente de cubrir informacións políticas e parlamentarias. Dende 2020 é director de Infolibre.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 infolibre.es (ed.). "Daniel Basteiro en Infolibre". Consultado o 10 de xuño de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Así es Daniel Basteiro, el colaborador de 'La hora de la 1' que fue corresponsal en Bruselas y cofundador de varios medios". 20 minutos. 17 de xullo de 2023. Consultado o 10 de xuño de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 eldiario.es (ed.). "Daniel Basteriro en ElDiario.es". Consultado o 10 de xuño de 2024.