Saltar ao contido

Daniel Alejandro Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Alejandro Vidal
Nome orixinalDaniel Alejandro Vidal Pouse
Biografía
Nacemento1 de abril de 1967 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Colonia del Sacramento, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor en Wikidata - 1997 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaUruguai Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
CA River Plate

UEFA: 100732 Editar o valor en Wikidata


Daniel Alejandro Vidal Pouse, tamén coñecido como Pollo Vidal, nado en Colonia, Uruguai, o 1 de abril de 1967, é un ex futbolista uruguaio, campión da Copa Libertadores en 1987 con Peñarol e un dos xogadores que participou no segundo quinquenio de ouro do equipo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aos 16 anos ingresou en Peñarol,[1] e tras subir ao primeiro equipo gañou con el os Campionatos Uruguaios de Primeira División de 1985 e 1986, así como a Copa Libertadores de 1987. En xaneiro de 1988 recalou no fútbol español para defender as cores da UD Las Palmas.[2] Disputou 128 encontros co club canario, anotando 35 goles. En mazo de 1992 rompeu o xeonllo nun partido contra o Málaga, poñendo fin á súa primeira etapa no club.[2]

Tras recuperarse volveu a Peñarol, co que conquistou outras dúas veces a Primeira División Uruguaia, e en 1995 fichou por Independiente, co que conquistou a Supercopa Suramericana.[2] En 1996 pasou polo River Plate de Montevideo, antes de volver a Canarias para pechar a súa carreira xogando de novo na UD Las Palmas.

Tras a súa retirada instalouse en Galicia coa súa familia.[1] Rexentou unha cafetería en Vigo xunto ao tamén exfutbolista Pepe Rey e foi técnico dos infantís do Nigrán CF.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Borrego, Manuel (9 de febreiro de 2009). "El charrúa aventurero" (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Daniel Vidal hace 25 años" (en castelán). 3 de xaneiro de 2014. Consultado o 12 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]