In a Bar, Under the Sea
In a Bar, Under the Sea | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de dEUS | ||||
Publicado | 14 de setembro de 1996 | |||
Duración | 60:26 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Bang!, Island Records | |||
Producido por | Eric Drew Feldman | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
In a Bar, Under the Sea é un álbum da banda belga de rock alternativo dEUS, editado o 14 de setembro de 1996. A portada foi deseñada polo guitarrista Rudy Trouvé. A edición orixinal belga foi lanzada polo selo Bang!, coa única diferenza que o tema 14 foi chamado sinxelamente "Roses", ao igual que o seu sinxelo.
Foi producido por Eric Drew Feldman (que fora teclista e baixista de Captain Beefheart a finais dos 70 e principios dos 80) e conta con convidados como Scott McCloud de Girls Against Boys (en "Fell Off the Floor, Man"), Dana Colley de Morphine (en "Supermarketsong") e Bart Maris de X-Legged Sally (en "Nine Threads").
In a Bar, Under the Sea foi ouro en Bélxica (vendendo máis de 25.000 copias) e cara o ano 2008 vendera unhas 250.000 unidades en todo o mundo[1].
Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]
- "I Don't Mind What Ever Happens" – 0:46
- "Fell Off the Floor, Man" – 5:13
- "Opening Night" – 1:38
- "Theme from Turnpike" – 5:46
- "Little Arithmetics" – 4:30
- "Gimme the Heat" – 7:38
- "Serpentine" – 3:17
- "A Shocking Lack Thereof" – 5:52
- "Supermarketsong" – 1:56
- "Memory of a Festival" – 1:52
- "Guilty Pleasures" – 4:23
- "Nine Threads" – 3:34
- "Disappointed in the Sun" – 6:03
- "For the Roses" – 4:57 (tamén chamada "Roses")
- "Wake Me Up Before I Sleep" – 2:53