Vigo Transforma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Vigo Tr4nsforma")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vigo Transforma
Localización Vigo
Anos 2
Nº edicións 2
Fundadores
Data xuño
Xénero Indie - Rock alternativo - Música electrónica
Organizador
Web oficial vigotransforma.com

Vigo Transforma foi un acontecemento musical e cultural desenvolvido en Vigo. Celebrouse por primeira vez en 2010, en coincidencia co Ano Xacobeo, durante os días 9 e 10 de xullo. No seu segundo ano, o 2011, o festival estendeuse a tres días, celebrándose os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo.

Características[editar | editar a fonte]

Ademais da actuación de diversos grupos musicais, o festival tamén organiza diversos obradoiros, performances ou proxeccións, que conxuntamente reciben o nome de Vasos Comunicantes. O festival adquiriu dende a súa orixe un compromiso coa sustentabilidade ecolóxica, de xeito que se promoveron obradoiros de reciclaxe ou plantación de árbores autóctonas como medida compensatoria para paliar as emisións de CO2 producidas polo desenvolvemento do evento. Ademais, os carteis de promoción do festival estaban feitos con papel e tinta reciclada.[1]

Edición 2010[editar | editar a fonte]

The XX, Orbital, Jeff Tweedy, The Divine Comedy, Love of Lesbian, Fischerspooner, Os Mutantes, The Morning Benders, Devendra Banhart, Delafé y las Flores Azules, Eladio y los Seres Queridos, Fanfarlo, Mike Snow, Polock, Triángulo de Amor Bizarro, Standstill.

Edición 2011[editar | editar a fonte]

Eladio y los Seres Queridos, The Blows, Moby, Do Amor, Ron Sexsmith, Xoel López, Catpeople, Los Campesinos!, Vetusta Morla, Junior Boys, Hola a Todo el Mundo, Russian Red, Yann Tiersen, The Pains of Being Pure at Heart, The Gift, dEUS, Toro y Moi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2011.