Mauro Pawlowski
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de abril de 1971 Koersel, Bélxica (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, compositor, intérprete, autor, guitarrista, actor, creador |
| Membro de | |
| Instrumento | Guitarra e voz |
| Sitio web | mauroworld.com |
Mauro Antonio Pawlowski, nado en Koersel o 24 de abril de 1971, é un músico belga, vocalista e guitarrista das bandas dEUS e Evil Superstars.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira como líder de Evil Superstars, un dos principais da escena de rock belga dos 90, en 1992. Deixou a banda en 1998 e dende entón tocou en varios grupos coma Mitsoobishy Jacson, Kiss my Jazz, Monguito e Shadowgraphic City. Na actualidade é membro de dEUS, The Love Substitutes, Othin Spake, Club Moral, Archetypes of the Multisabanas e I Hate Camera. Ademais destes proxectos, Mauro editou traballos en solitario usando varios nomes.
No ano 2008 xirou co poeta e escritor Ramsey Nasr, e no 2009 foi guitarrista de xira do grupo de danza contemporánea Ultima Vez de Wim Vandekeybus.