Rudy Trouvé
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1967 (57 anos) Wilrijk, Bélxica |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, dramaturgo, intérprete, músico, cantante, actor, compositor |
Instrumento | Guitarra e voz |
Rudy Trouvé (nado o 28 de xaneiro de 1967 en Wilrijk) é un músico belga. A principios dos anos 90 fundou o selo Heavenhotel. Entre 1993 e 1995 formou parte da banda dEUS, deixándoa para centrarse nos seus propios proxectos.
Dende 1995, tivo éxito con Kiss My Jazz e Dead Man Ray, e gravou un disco compartido con Lou Barlow a través do selo Sub Rosa.
Rudy Trouvé é considerado un gran improvisador; en jam sessions e concertos experimentais ten compartido escenario con Mauro Pawlowski, Zeitkratzer Ensemble, Marc Ribot), Pierre Bastien, Pierre Berthet, membros de DAAU ou con Zita Swoon entre outros.
Rudy Trouvé tamén é coñecido polas súas pinturas e debuxos, que teñen aparecido en varias portadas de discos nos que traballou.