Pocket Revolution

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pocket Revolution
Álbum de dEUS
Duración61:17
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Universal, V2
Producido pordEUS
Cronoloxía
The Ideal Crash Pocket Revolution Vantage Point

Pocket Revolution é o cuarto álbum da banda belga de rock alternativo dEUS, editado o 12 de setembro do 2005. Foi o primeiro álbum da banda en seis anos, dende que en 1999 aparecese The Ideal Crash.

Durante a gravación Craig Ward e Danny Mommens deixaron a banda sendo substituídos por Mauro Pawlowski e Alan Gevaert, os cales remataron as gravacións. Tamén contribuíron ao álbum Stef Kamil Carlens facendo coros en "Pocket Revolution" e "Sun Ra", CJ Bolland e Tim Vanhamel da banda Millionaire. Despois do lanzamento a banda realizou unha xira dun ano permitíndolle á banda tocar en Europa, Estados Unidos, Canadá, Israel e Tailandia, sendo a xira máis longa feita por dEUS.

Pocket Revolution converteuse no disco máis vendido da banda en Bélxica, chegando ás 50.000 copias. En todo o mundo vendéronse 200.000 unidades do traballo.

En decembro do 2006 Pocket Revolution foi re-editado como Pocket Revolution Burnt. Esta edición contén un CD extra con sete cancións do álbum remesturadas por Jagz Kooner, tituladas The Jagz Kooner Excursions. En febreiro do 2007 apareceu un libro coas letras e os acordes das 12 cancións do disco editado por Beriato Group.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Bad Timing" (Tom Barman, dEUS) – 7:07
  2. "7 Days, 7 Weeks" (Barman, Craig Ward) – 3:53
  3. "Stop-Start Nature" (dEUS, C.J. Bolland) – 4:28
  4. "If You Don't Get What You Want" (Barman) – 3:49
  5. "What We Talk About (When We Talk About Love)" (Barman) – 4:44
  6. "Include Me Out" (Barman) – 5:02
  7. "Pocket Revolution" (Barman, dEUS) – 6:01
  8. "Night Shopping" (Barman) – 4:03
  9. "Cold Sun of Circumstance" (dEUS) – 5:44
  10. "The Real Sugar" (Barman) – 3:58
  11. "Sun Ra" (dEUS) – 6:43
  12. "Nothing Really Ends" (Barman) – 5:35