Döner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Carne de vitela dun Döner en Turquía.

Döner (en turco) ou o shawarma (do árabe شاورما) ou gyros (en grego) é un prato tradicional turco[1] comunmente atopado no medio Oriente e rexións veciñas, e que consiste en finas láminas de carne de año, pito ou vitela cociñada nun asadeiro vertical, xeralmente consumido cun pan plano como pide ou pita xunto con vexetais e outros acompañamentos.[2] As súas versións en dürüm ou outras formas de comida rápida fixéronse populares en Europa grazas á influencia de emigrantes norteafricanos e turcos.

Características[editar | editar a fonte]

O termo «döner kebab» significa «carne á grella que dá voltas» Tanto shawarma como gyros son adaptados do idioma turco e refírense a «virar». Shawarma é unha forma deformada da palabra turca «çevirme» que significa virar unha carne sobre as brasas, iso si, horizontalmente, a diferenza do döner que vira verticalmente.

O döner ou erroneamente döner kebab prepárase xeralmente de carne bovina ou moitas veces dunha mestura desta con carne de ovella e adóitase servir xunto cun pan especial, redondo e esmagado, característico da cociña balcánica e do Oriente Próximo chamado "pita" (en turco "pide") e moitas veces acompañado de ensalada e arroz. Os quioscos nos que se serve unha versión do döner para levar son comúns en moitos países de Europa, entre eles Alemaña, Austria, Suíza Francia, Holanda, Dinamarca, Reino Unido e España.

Tamén existe o Iskender, unha versión de döner servido con iogur, salsa de tomate e manteiga fundida.

A versión árabe, shawarma case sempre se fai con carne de cordeiro, mentres na preparación de gyros, a versión grega, prefírese usar, xeralmente, carne de porco. Os acompañamentos e a presentación de cada unha do tres versións difírense tanto entre elas mesmas como tamén segundo países e rexións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. >Lindner, Ulrike, ed. (2010).
  2. Lacomba, Josep (2008).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]