Saltar ao contido

Baclava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baclava
Gastronomía de Turquía Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
باقلوا (ota)
փախլավա (hy)
بَقْلَاوَة (ar)
paxlava (az)
baklava (tr)
باقلَوا (fa)
μπακλαβάς (el) Editar o valor en Wikidata
Características
 Prato
 Gastronomía
Localización
 País de orixe
Identificadores
TasteAtlasbaklava Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0g07j Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Baklava

A baclava (baklava) é un doce típico de Oriente Próximo, elaborado con varias camadas superpostas de masa filo que se reenchen cunha pasta de froitos secos esmagados, especialmente anacardios, pistachos, abelás, améndoas e sementes de sésamo, papoula ou outros grans, e bañado en mel ou xarope[1]. Atópase con diferentes nomes, na gastronomía do Medio Oriente, do subcontinente indiano e dos Balcáns. Sérvese xeralmente como sobremesa nos países que formaron parte do antigo Imperio Otomán, sendo un dos pratos nacionais de Turquía.[2] É común degustalo cun .

A historia da baclava non está ben documentada, sendo a súa invención reivindicada por varios grupos étnicos. Mais hai fortes evidencias de que teña unha orixe turca de Asia Central, e que a súa forma actual fose desenvolvida nas cociñas imperiais do Palacio de Topkapi.[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definición en escritura en galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. "Receita de baclava no site AllRecipes.com.br". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2015. Consultado o 10 de decembro de 2015. 
  3. PERRY, Charles. "The Taste for Layered Bread among the Nomadic Turks and the Central Asian Origins of Baklava", in A Taste of Thyme: Culinary Cultures of the Middle East. Ed. Sami Zubaida, Richard Tapper, 1994, p. 87 ISBN 1-86064-603-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]