Cádiz Club de Fútbol
Cádiz CF | |||
---|---|---|---|
Nome | Cádiz Club de Fútbol, S.A.D. | ||
Alcume(s) | Limoneros Submarino Amarillo | ||
Fundación | 10 de setembro de 1910 (114 anos) | ||
Estadio | Ramón de Carranza, Cádiz, España | ||
Inauguración | 1955 | ||
Capacidade | 25.724 | ||
Propietario | Locos por el Balón, SL | ||
Presidente | Manuel Vizcaíno | ||
Adestrador | Sergio González | ||
Liga | Primeira División | ||
2021–22 | Primeira División, 17.º de 20 | ||
Vestimenta | Nike | ||
Patrocinador | Osborne | ||
Na rede | |||
Sitio web oficial | |||
| |||
O Cádiz CF é un equipo de fútbol español da cidade de Cádiz, en Andalucía. Foi fundado en 1910 e actualmente compite na Primeira División.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundouse en 1910 por José Rivera y Lora. Compite por primeira vez no Campionato Nacional de Liga de Segunda División na tempada 1935-36, baixo a denominación de Mirandilla F.C. En xuño de 1936, cambia a súa denominación pola de Cádiz F.C., nome máis representativo da cidade.
Foi campión de Liga en todas as categorías nas que participou, excepto na Primeira División. O seu maior logro na Copa do Rei foi na tempada 1989-90 cando alcanzou as semifinais. En sete ocasións conseguiu o Trofeo Ramón de Carranza, o seu histórico torneo de verán.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio Ramón de Carranza.
O estadio Ramón de Carranza é o actual estadio do Cádiz. Foi construído entre maio de 1954 e agosto de 1955 e ao final foi inaugurado o día 2 de setembro de 1955, co partido disputado entre o mesmo Cádiz e o FC Barcelona, acabando co resultado de 0-4 favorable ao equipo catalán. Actualmente está en proceso de iniciarse a terceira fase da súa remodelación, a primeira fase concluíu a principios de 2005, a segunda fase do fondo norte concluíu en 2008 e a terceira fase da tribuna prevé finalizarse en 2010, ano no que o Cádiz CF celebra o seu centenario. Actualmente o propietario do estadio non é o equipo de fútbol senón o Concello.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Xogadores da Cádiz CF.
Cadro 2009/10
[editar | editar a fonte]
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Segunda División de España (2): 1939–40, 2004–05
- Segunda División B de España (3): 2000–01, 2008–09, 2011-12
- Terceira División de España (2): 1954–55, 1969–70
- Subcampión de Segunda División (5): 1976–77, 1980–81, 1982–83, 1984–85, 2019–20
- Subcampión de Terceira División (1): 1946–47
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Ramón de Carranza y Reguera (Ferrol 1863 - Cádiz 1937).