Cristina Amenedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Cristina Amenedo
Nacemento 17 de outubro de 1925
  San Martiño de Porto
Falecemento 19 de agosto de 2011
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación poetisa
editar datos en Wikidata ]

Cristina Picos Villar, nada en San Martiño de Porto (Cabanas) o 17 de outubro de 1925, e finada na Coruña o 19 de agosto de 2011, foi unha escritora galega, coñecida como Cristina Amenedo,.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou para mestra na Coruña e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu o ensino ao longo da súa carreira.

Comezou a escribir durante o franquismo, cando publicou artigos e poemas en xornais e revistas literarias como La Noche, El Correo Gallego, Galicia Emigrante, Galicia en Madrid, Alforja, La Voz de Galicia, ou El Ideal Gallego. A partir de 1983, cando publicou Mar aberto, simultaneou o galego e o castelán na súa escrita.

Obtivo diversos galardóns menores, como o Premio Manos Unidas en tres ocasións, o Premio Juan Ramón Jiménez por unha obra de homenaxe ao autor andaluz ou o Premio Pérez Lugín.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • La niña Saral, balada elegíaca (1979).
  • Mar aberto (1983).
  • Silvo de vento mareiro (1988).
  • Con el tiempo y el silencio (1992).
  • Playa sorlinga (1992).
  • Ledicia: unha loita contra o desánimo, a esperanza (1997).
  • Corazón al viento: poemas en castellano y poemas en gallego (1997).

Novela e ensaio[editar | editar a fonte]

  • Juan Ramón Jiménez, ruiseñor universal (1981).
  • Jerónimo Emiliani. Un somasco divino (1985).
  • Galicia, ruta de la espiritualidad (1993).
  • Jesús el galileo, una doctrina impar (1996).
  • Vivir siempre en despedida (1996).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Colleu o pseudónimo do apelido do seu home, Fernando Amenedo. Foi soterrada en Franza (Mugardos).