Manuel Lorenzo Freire-Calvelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Lorenzo Freire-Calvelo
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata
Sada, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de maio de 1983 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Sada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata


Manuel Lorenzo Freire-Calvelo, nado en Sada en 1902 e finado no mesmo concello o 19 de maio de 1983,[1] foi un practicante e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Homenaxe a Ramón Suárez Picallo en Sada organizado por Manuel L. Freire-Calvelo, 1926.

Fillo do médico Manuel Lorenzo Calvelo e de Juana Freire Golán, curmá de Lugrís Freire. Estudou a carreira de practicante, exercendo como tal. Fundou e dirixiu Acción Sadense. Promoveu organizacións e actividades encamiñadas á consecución de melloras na calidade de vida dos seus veciños. En 1922 liderou unha campaña para esixir do Estado a construción dun porto de refuxio. Na Ditadura de Primo de Rivera colaborou en Vida Gallega e Mariñana e participou na creación de organizacións culturais e recreativas como a agrupación galeguista Mareiras e o Centro Cultural Obrero, do que foi secretario[2]. Tamén foi correspondente dunha decena de periódicos galegos (como La Voz de Galicia e El Pueblo Gallego) e estatais.

Na Segunda República simpatizou co Sindicato de Oficios Varios de Sada, integrado na CNT. Trasladouse á Coruña en 1934 e rematou afiliándose a Izquierda Republicana. Nos anos corenta retomou a súa actividade, colaborou en Cartel e La Noche, foi o autor da idea de crear en Galicia a Ciudad de los Muchachos. Tamén participou na creación da Peña Mariñana en 1963.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Elena Lobeiro Castro, que finou na Coruña en 1934.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 20-5-1983, p. 55
  2. El Pueblo Gallego, 16101930, p. 8.
  3. El Pueblo Gallego, 16-11-1934, p. 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]