Ramón Pérez Cienfuegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Pérez Cienfuegos
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
España Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolicía , escritor Editar o valor em Wikidata

Ramón Pérez Cienfuegos foi un policía e escritor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco Pérez Iglesias, alférez da Garda Civil, e Genoveva Cienfuegos Moreno. Axente de policía, foi trasladado de Venta de Baños a Bilbao en 1923.[1] Chegou a Pontevedra en 1925 procedente de Biscaia.[2] Foi trasladado a Oviedo en 1929.[3] Trasladado a Vilagarcía de Arousa en outubro de 1930.[4] Pronunciou a conferencia "A liña poética" na exposición de Xosé Sesto organizada pola Federación de Mocedades Galeguistas en xuño de 1934,[5] e algunhas fonte sitúano como infiltrado na FMG.[6] Colaborou en El Diario de Pontevedra e na revista Cristal. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destinado a Valladolid en 1938.[7] Integrouse en Falange Española Tradicionalista y de las JONS.[8] En 1941 foi ascendido a inspector de primeira clase e trasladado a Madrid.[9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Pontevedra con María Dolores Rodríguez Caamaño en 1934.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Día de Palencia, 10-3-1923, p. 2.
  2. El Diario de Pontevedra, 27-7-1925, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 1-3-1930, p. 7.
  4. El Pueblo Gallego, 9-10-1930, p. 8.
  5. El Pueblo Gallego, 1-6-1934, p. 13.
  6. Ramón de Valenzuela, animador cultural en Pontevedra antes do 36
  7. El Pueblo Gallego, 16-10-1938, p. 2.
  8. El Pueblo Gallego, 10-4-1940, p. 5.
  9. El Correo Gallego, 24-12-1941, p. 8.
  10. El Pueblo Gallego, 2-6-1934, p. 11.